Venres 29 Marzo 2024

Vitaminas para as centolas da ría

Aínda que está demostrado que a maioría das especies de fitoplancto precisan dunha fonte externa de vitamina B12 para medrar, posto que carecen da ruta metabólica para a súa síntese, a falta dunha metodoloxía axeitada para medir a concentración destas vitaminas no mar, ten demorado ata a actualidade o estudo da función destas substancias e o seu papel na dinámica do plancto microbiano. A vindeira semana, investigadores e investigadoras da agrupación Oceano-Ecimat, Grupo de Oceanografía Biolóxica da Universidade de Vigo iniciarán a campaña Envision a bordo do buque Ramón Margalef co obxectivo de, por primeira vez, determinar se a dispoñibilidade de vitaminas do grupo B inflúe na abundancia, distribución e actividade do plancto microbiano nunha rexión altamente produtiva como é a zona de transición costa-océano fronte á ría de Vigo.

O buque Ramón Margalef.
O buque Ramón Margalef.

As campañas Envision, que previsiblemente se levarán a cabo, ademais de neste mes de febreiro, en abril e agosto, enmárcanse dentro do proxecto Desentrañando el papel de las vitaminas del grupo B en la estructura de la comunidad, actividad y sucesión del plancton microbiano en un sistema de afloramiento costero, financiado polo Ministerio de Economía y Competitividad. Xunto ao Grupo de Oceanografía Biolóxica da Universidade de Vigo, no proxecto participan investigadores e investigadoras da universidades de Linneo (Suecia) e do Sur de California (EEUU).

Publicidade

“O papel das vitaminas na regulación das comunidades microbianas planctónicas foi ignorado durante anos, a pesar de que, por exemplo, demostrouse que a maioría das especies de fitoplancto necesitan dunha fonte externa de vitamina B12 para crecer, dado que carecen da ruta metabólica para a súa síntese”, explica a investigadora principal do proxecto Eva Teira. A integrante do Grupo de Oceanografía Biolóxica da Universidade de Vigo explica que só recentemente se puxo a punto a metodoloxía axeitada para medir a concentración de vitaminas no mar e as escasas medidas obtidas ata hoxe amosan a existencia de extensas rexións oceánicas, incluídas zonas costeiras, onde a concentración de vitaminas do grupo B é extremadamente baixa, o que suxire que estes compostos orgánicos poderían limitar o crecemento de determinadas especies de plancto microbiano en grandes áreas do océano.

Os investigadores farán tres campañas a bordo do buque Ramón Margalef

Co obxectivo de determinar se a dispoñibilidade de vitaminas inflúe na abundancia, distribución e actividade do plancto microbiano nunha rexión altamente produtiva, como é a zona de transición costa-océano fronte á ría de Vigo, os grupos de investigación desenvolverán tres campañas oceanográficas a bordo do buque Ramón Margalef nas que, ademais de caracterizar a variabilidade temporal e espacial para a concentración de vitaminas do grupo B na columna de auga, tamén avaliarán a variabilidade espacial e temporal da resposta da comunidade microbiana á adición de nutrientes e/ou vitaminas B1 e B12 e estudarán o papel das vitaminas do grupo B na sucesión de especies de plancto microbiano.

Para acadar os seus obxectivos as e os investigadores que participarán neste proxecto seguirán unha aproximación multidisciplinar, incluíndo a medida de gran cantidade de variables físicas, químicas e biolóxicas na zona de mostraxe, a realización de experimentos a bordo do barco e a aplicación de ferramentas moleculares máis sofisticadas, como análises metaxenómicos e metatranscriptómicos.
As campañas desenvolveranse, previsiblemente, durante tres situacións hidrográficas contrastadas: inicio da proliferación fitoplanctónica (Envision-I do 17 ao 26 de febreiro); condicións de afloramento en primavera (Envision-II do 16 ao 25 de abril) e condicións de afloramento en verán (Envision- III do 2 ao 11 de agosto).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Crean en Vigo un mapa de biodiversidade costeira a partir de 11.000 chíos

A análise da información recompilada na rede X permite, cun baixo custo, complementar os programas existentes de vixilancia
00:00:22

Ibai, Luceira e Lula: as tres tartarugas que vararan en Galicia volven ao mar

Despois de pasar por un centro de recuperación e expulsar todos os plásticos do tracto dixestivo poden regresar ao océano

As cinzas dos lumes de 2017 poden causar alteracións no plancto costeiro da Vigo

O estudo realizado por investigadores do CIM da Universidade de Vigo centra a súa investigación na escorredura posterior ás queimas
00:02:51

As mariscadoras pensan en abandonar o mar: o marisco non medra ou morre

As rías experimentan unha caída da produción derivada da sobreexplotación e o cambio climático. Nas últimas semanas a situación agravouse polas riadas