Venres 19 Abril 2024

Vía Láctea e lucecús

Créditos da imaxe e copyright: Malcolm Park (North York Astronomical Association)
Créditos da imaxe e copyright: Malcolm Park (North York Astronomical Association)

Explicación: unha cámara suxeita a un trípode nun solpor do verán setentrional captou as series de fotografías usadas nesta queda paisaxe celeste ao sur de Ontario. A vista da beira do lago enmarca á nosa fermosa galaxia sobre as augas tranquilas e as aparicións luminosas que son a quintaesencia da noite. Pero os ronseis de luz non son nin relanzos de satélite, nin flashes meteóricos nin brillo auroral. Son lucecús. Na composición de amplo campo construída con catro exposicións consecutivas de 15 segundos, un vagalume palpitante entra pola dereita, vagando primeiro cara a cámara, despois á esquerda e de novo cara o lago, coa Vía Láctea central erguéndose no fondo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como medir as estrelas para revelar os misterios da Vía Láctea

Os investigadores do CITIC Xabier Pérez e Lara Pallas participan na misión Gaia, que pretende crear o maior mapa 3D da nosa galaxia

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150