Venres 29 Marzo 2024

Galicia celebra unha nova xornada dos “Venres polo clima”

Colectivos ecoloxistas e estudantes unen de novo forzas para protestar pola falta de medidas efectivas na loita contra o cambio climático

Foi o pasado 15 de marzo (aproveitando o xogo de iniciais co 15-M) cando miles de mozas e mozos saíron á rúa para reclamar aos maiores, os que por agora gobernan as institucións, que tomaran en serio o problema do cambio climático. Dito doutro xeito, o planeta que lle van deixar aos máis novos. Os “Venres polo clima”, que xa viñan desde que a moza sueca Greta Thurnberg comezara a protestar o ano pasado, continuaron nestas semanas, e este 24 de maio haberá de novo concentracións nas localidades de Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela e O Porriño.

Así o comunicaron colectivos de “Fridays for future” que secundan a protesta. Aluden a que “as consecuencias vanse agrandando”, con niveis de CO2 nos máximos dos últimos millóns de anos ou riscos de extinción dun gran número de especies.

Publicidade

Parece que non escoitades, e precisamente por ese tipo de reaccións é polo que estamos convencidas da absoluta necesidade de continuar esta loita. Vivimos unha situación de emerxencia climática e antes ou despois todos sufriremos, ou xa sufrimos, os seus efectos”, denuncian os convocantes da protesta nas cidades galegas.

“Non temos planeta B”: a mocidade ergue a voz en Galicia nos Venres polo Futuro

Engaden que “non podemos quedarnos paradas sabendo que non se está facendo dabondo para abordar a crise climática, a cal obrigará á migración de multitude de zonas poboadas e países enteiros por mor da subida do nivel do mar ou a desertificación dos seus solos”. Ante isto, aluden á mobilización para obter compromisos e vontade por parte das Administracións: “Non pararemos ata conseguir que a crise climática estea no centro do debate político, social e mediático, ata que se declare o estado de emerxencia climática, e  ata que se poñan en marcha medidas reais de adaptación e mitigación. E seguiremos velando para que se cumpran”.

As concentracións en Galicia celebraranse en Vigo (20 horas na Farola de Urzáiz, A Coruña (19 horas no Obelisco), en Santiago de Compostela (20 horas na Praza Roxa), Ourense (17.30 horas, na Praza Maior), Lugo (17.30 horas, diante do Concello), e O Porriño (12 horas, diante do CEIP Antonio Palacios). Foi precisamente neste último centro onde a acción dos “Venres polo clima” tomou pulo en Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A praia de Barra agocha unha aldea soterrada: un cambio climático invadiu todo de area hai 500 anos

Unha investigación publicada por Andrés Pino analiza o impacto social e económico da Pequena Idade do Xeo no asentamento de Cangas

Galicia rexistra o cuarto inverno máis cálido en 60 anos

As precipitacións foron un 18% superiores ao habitual para este período, sendo especialmente abondosas en febreiro

Os osos polares, en risco de morrer de fame polo desxeo do Ártico

Un estudo demostra que as estratexias alimenticias destes animais para sobrevivir nunha contorna de terra non evitan que perdan peso

Intelixencia artificial ante o cambio climático: ameaza ou aliada?

Os algoritmos que fan a vida máis sinxela teñen unha gran pegada de carbono. Esta tecnoloxía tamén axuda a resolver problemas ambientais