Xoves 28 Marzo 2024

A USC e ABAC Therapeutics únense para loitar contra a resistencia aos antibióticos

As bacterias multirresistentes causan 39.000 mortes ao ano en Europa e a OMS estima que en 2050 serán a principal causa de mortalidade no mundo

As infeccións ocasionadas por bacterias resistentes aos antibióticos son, na actualidade, un dos maiores problemas de saúde global, en termos de mortalidade, impacto social e económico. As bacterias multirresistentes causan 1,27 millóns de mortes ao ano e a Organización Mundial da Saúde (OMS) estima que, en 2050, serán a principal causa de mortalidade no mundo, cobrando máis de 10 millóns de vidas anuais. O motivo é que os mesmos antibióticos que en décadas pasadas contribuíron a salvar millóns de vidas deixaron de ser efectivos fronte a estas bacterias.  

A investigación farmacolóxica, por tanto, atópase ante o reto de proporcionar, coa máxima urxencia, novos antibióticos eficaces para tratar este tipo de infeccións e que sexan, ademais, alcanzables para o conxunto da poboación. Ante esta situación, a Plataforma de Descubrimento de Fármacos Innopharma, dependente do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), alcanzou un acordo coa compañía ABAC Therapeutics dedicada á investigación en antibióticos, para unir forzas na procura de novas solucións terapéuticas. 

Publicidade

En concreto, as dúas entidades acordaron a creación dunha unidade mixta que permita, coa máxima eficiencia e optimización de custos, o cribado de coleccións de compostos, co obxectivo de identificar futuros antimicrobianos que sexan activos contra as bacterias resistentes

“As bacterias multirresistenctes teñen un gran impacto económico, con 1.500 millóns de euros anuais só en Europa”

DOMINGO GARGALLO-VIOLA, director de ABAC Therapeutics

A resistencia das bacterias ao arsenal de axentes antimicrobianos dispoñibles na actualidade supón unha das maiores ameazas para a saúde global á que se enfronta a humanidade no século XXI. “A chamada pandemia silenciosa non ten fronteiras. As bacterias multirresistentes causan 39.000 mortes ao ano en Europa. Ademais, esta gravísima catástrofe humana ten un importante impacto a nivel social e  económico que só en Europa supón uns 1.500 millóns de euros anuais”,  comenta Domingo Gargallo-Viola, director de ABAC Therapeutics. 

As bacterias vólvense resistentes debido á súa capacidade de mutar e adaptarse en resposta a condicións adversas, entre outras causas, ao uso indiscriminado de antibióticos, permitindo que algunhas bacterias poidas escapar ao seu efecto, o que complica o tratamento de infeccións cada vez máis comúns e difíciles de xestionar clinicamente, como a pneumonía, a tuberculose, a septicemia ou a gonorrea

“É urxente descubrir e desenvolver novas clases de antibióticos ante as resistencias e, para iso, queremos levar a cabo o cribado de múltiples coleccións de compostos co obxectivo de identificar novos fármacos contra as bacterias resistentes. Só unha estratexia baseada no medio e longo prazo pode dar resposta a este grave problema de saúde global”, sinala a directora do CiMUS e da plataforma Innopharma, Mabel  Loza

Máxima seguridade para un reto de saúde global 

Para investigar con microrganismos patóxenos vivos, os farmacólogos están obrigados a traballar con estas bacterias resistentes, o que implica dispoñer de laboratorio con condicións de máxima seguridade, no que estes perigosos microorganismos sexan manipulados con coñecemento profesional e seguridade técnica. Na nova unidade colaborativa ABAC Therapeutics dispón das instalacións adecuadas e a  experiencia de traballo con bacterias resistentes. Pola súa banda, a plataforma Innopharma dispón da “experiencia e as infraestruturas únicas en España para a xestión totalmente automatizada de millóns de compostos”. 

A unidade colaborativa entre ABAC Therapeutics e a Plataforma Innopharma USC supón, por tanto, unha oportunidade estratéxica para abordar o reto de identificar novos compostos eficaces fronte a ditos organismos, e achegar novas solucións terapéuticas para os pacientes infectados por patóxenos resistentes aos antibióticos actuais

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As plantas non nativas aceleran a desaparición dos ameneiros galegos

As árbores centroeuropeas que se importan para restaurar as plantacións afectadas por unha doenza fúnxica producen uniformidade xenética

Un novo método da USC axudará a combater o furtivismo marisqueiro en Galicia

Tres investigadores estiman que entre 2012 e 2020 máis de 1.700 persoas extraeron de forma ilegal 660 toneladas de marisco

Nanotecnoloxía galega contra o tumor cerebral máis común

Un estudo da USC abre a porta a unha nova aproximación terapéutica que podería posibilitar un ensaio clínico nun prazo de tres anos

Investigadoras galegas constatan que as mulleres autistas camuflan máis os seus síntomas

O enmascaramento provoca retrasos no diagnóstico e problemas de saúde mental derivados da presión social