Martes 16 Abril 2024

Universidades chinas visitan o Campus Terra de Lugo como destino para os seus estudantes

A oferta académica e de servizos á comunidade estudantil que presta a USC nas súas sedes de Santiago e Lugo está a reforzar o posicionamento da institución académica compostelá como posible destino universitario para o estudantado preuniversitario chinés, así como para graduados e graduadas interesados en completar formación de posgrao.

O profesor de español na Universidade de Shandong e responsable dunha empresa que ofrece servizos a estudantes chineses interesados en ampliar a súa formación no estranxeiro, He Long Peng Xi, que vén de realizar unha estadía na USC para coñecer polo miúdo a súa oferta académica e de servizos, adiantou a existencia de entre 5 e 10 estudantes chineses interesados en ampliar a súa formación na USC.

Publicidade

Na súa estadía en Lugo, os integrantes da delegación chinesa encabezada por He Long Peng Xi visitaron as facultades de Humanidades e Administración e Dirección de Empresas, así como a Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, centros nos que mantiveron reunións informativas e de traballo cos seus respectivos equipos de dirección, para logo participar nunha xuntanza co vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno.

Respecto das opcións máis demandadas pola comunidade estudantil chinesa, este axente sinalou que os estudos das ramas de Humanidades e Ciencias Sociais constitúen a oferta máis atractiva para a comunidade chinesa, que tamén valora as facilidades que ofrece a USC para a aprendizaxe do idioma español, ben a través dun curso intensivo ben a través doutras sesións formativas impartidas polo Centro de Linguas Modernas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'

A resistencia térmica dalgúns materiais pódese regular aplicando unha voltaxe

Un traballo do CiQUS abre novas posibilidades para o deseño de reguladores de temperatura e para o desenvolvemento de tecnoloxías máis eficientes e sostibles

Coidar a saúde e o medio ambiente: dúas razóns para incluír pescado azul na nosa dieta

A nivel mundial, el consumo anual per cápita de peixe nos últimos 50 años case se duplicou, cun crecemento exponencial en países como China