Venres 19 Abril 2024

UGC 12591: a galaxia de rotación máis rápida coñecida

Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble
Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble

Explicación: por que esta galaxia está a xirar tan rápido? Para comezar, incluso é difícil identificar que tipo de galaxia é UGC 12591; ten corredores de po escuro coma unha galaxia espiral pero un bulbo de estrelas grande e difuso coma unha lenticular. De xeito abraiante, as observacións amosan que UGC 12591 xira a uns 480 km/s, case dúas veces máis rápido que a nosa Vía Láctea, sendo a velocidade de rotación máis rápida medida. A masa necesaria para manter unida unha galaxia en rotación tan rápida é varias veces a masa da nosa galaxia Vía Láctea. Os escenarios da orixe de UGC 12591 inclúen un crecemento lento mediante a acreción da materia ambiente ou un crecemento rápido pola recente colisión ou colisións galácticas; xa o dirán as vindeiras observacións. A luz de UGC 12591 que vemos hoxe abandouna hai uns 400 millóns de anos, cando as árbores se desenvolveron por primeira vez sobre a Terra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang