Venres 19 Abril 2024

UDCiencia 2017, unha xornada de divulgación para todos os públicos na Coruña

A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña (UDCC-UDC), organiza este sábado 16 na Domus UDCiencia 2017, unha xornada de obradoiros científicos e tecnolóxicos para descubrir e aprender ciencia participando en diversos experimentos e xogos, e que contará coas explicacións de profesorado, persoal investigador e alumnado de graos e mestrados da UDC.

A actividade, aberta ao público en xeral, celebrarase de 11 a 14 e de 16.30 a 19 horas nas instalacións da Domus. Para participar só é preciso adqurir a entrada ao museo. Haberá máis dunha decena de obradoiros e experimentos acompañados de pósteres e fotografías científicas elaborados por estudantes da propia universidade da Coruña.

Publicidade

UDCiencia 2017 conta coa colaboración dos Museos Científicos Coruñeses e a Deputación da Coruña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UDC patenta un sistema pioneiro que mide a postura vertebral en tempo real

Investigadores do CITENI crean unha tecnoloxía non invasiva e de baixo custo para mellorar o diagnóstico e tratamento das doenzas da columna

Si, pódese crear acuarela con bacterias: a UDC impulsa a divulgación a través da arte

CICAGallery estrea a súa primeira edición con cinco artistas que convivirán con distintos grupos de investigación da universidade

Como medir as estrelas para revelar os misterios da Vía Láctea

Os investigadores do CITIC Xabier Pérez e Lara Pallas participan na misión Gaia, que pretende crear o maior mapa 3D da nosa galaxia

Unha científica galega secuenciará o xenoma da ‘herba de namorar’

A especie 'Armeria pungens' está presente nas illas Cíes, o único lugar de Galicia onde se pode atopar