Xoves 28 Marzo 2024

Twitter cumpre 10 anos, tres deles en galego

A rede social de Twitter (que ten no mundo 320 millóns de usuarios activos) cumpre hoxe 10 anos durante os que revolucionou a forma de escribir mensaxes breves de 140 caracteres. A empresa conta con 3.900 empregados en todo o mundo e máis de 35 idiomas admitidos

Un deles é o galego, que está dispoñible dende o 20 de febreiro de 2013. Ese día tamén se incorporaron o irlandés, o serbio ou o romanés. O Twitter en lingua galega chegou  despois dunha intensa campaña, con etiquetas como #TwitterQuereGalego ou #férvemeosangue, que chegaron a ser ‘trending topic’.

Publicidade

Twitter é a terceira rede social máis utilizada en Galicia, pero moi lonxe de Facebook

A rede é a terceira máis utilizada en Galicia, segundo unha enquisa de maio de 2015 da empresa Sondaxe. É superada con grande diferenza por Facebook (83,8% dos internautas) e Whatsapp (52,4%), mentres que Twitter é empregado por un de cada catro usuarios de redes (26,2%). Aínda que Whatsapp está integrada no estudo, pode considerarse máis ben unha rede de mensaxería instantánea.

Ao tempo, Twitter creou linguaxe en galego. De feito, chiar e rechouchiar son palabras novas no diccionario da RAG, xa que foron incorporadas aínda no 2014. Rechouchío foi candidata a palabra do ano 2015 pola Real Academia Galega. Competían tamén xihadista, feminicidio e refuxiado, que foi a que rematou por ser elixida.

As definicións para a RAG son:

Rechouchío: Informática: Acción e efecto de rechouchiar.
Marcou como favorito o rechouchío de María.

Chío: Informática: Mensaxe que se publica na rede social Twitter.
Os chíos poden incluír ligazóns.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:03:49

F de Fala: as palabras que nos sosteñen

'Veiga', 'laverca' e 'Rábade' son palabras que herdamos de linguas perromanas, xermanas e árabes e que hoxe forman parte do léxico galego

Unha campaña de doazón de voz recollerá as variedades fonéticas e dialectais de Galicia

O obxectivo é acadar as máis de 1.000 horas de gravación precisas para que dispositivos como Siri, Alexa ou Google recoñezan as distintas cadencias lingüísticas

Os homes len en galego 27 palabras máis por minuto que as mulleres

A filóloga Carme Hermida cre que elas son menos veloces porque practican unha lectura máis atenta ca eles

‘Biodiversidade’, ‘cibercarracho’, ‘feitiño’… Elixe a Palabra do Ano 2023

As seis voces finalistas están relacionadas coas preocupacións sociais ou os acontecementos que deixaron pegada na cidadanía