Sábado 20 Abril 2024

Tintín, cambio climático e criadas e señoras, na NerdNite desta noite

O Riquela de Santiago de Compostela acolle ás 21 horas unha nova edición deste ciclo de charlas divulgativas

Santiago de Compostela acolle na noite desde martes unha nova edición do ciclo das NerdNites, un evento de divulgación científica no que colabora a USC e que ofrece charlas amenas sobre todo tipo de temas relacionados con diversos eidos da ciencia e a investigación. Ás 21 horas, no Riquela (rúa Preguntoiro, 35), abordaranse aspectos tan interesantes e diversos como o cambio climático, a personaxe de Tintín e a literatura do sur de Estados Unidos.

Pasarán polo micrófono, Pedro J. Rey Sanchiz, director da Oficina web da USC, que falará dos idiomas de Tintín, Susana Bayo, doutoranda do laboratorio Ephyslab da Universidade de Vigo, reflexionando sobre o impacto e a percepción que temos do cambio climático, e Leticia García Barreiro, doutoranda en Literatura norteamericana na USC, que explicará como se fala da relación entre amas e criadas na literatura sureña dos Estados Unidos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os taboleiros barrocos de Santiago: únicos en Europa, pero sen protección

Son máis de 200 e están repartidos por diversos puntos da cidade, algúns foron cimentados ou substituídos por outras pedras

Á procura do escudo do Reino de Galicia

De Compostela a Londres, Héitor Picallo debuxa o mapa dos lugares onde podemos admirar os emblemas que xurdiron na Galicia medieval.

Guía para non perder a G-Night: un cento de actividades en sete cidades

Charlas, obradoiros, visitas guiadas e feiras científicas conforman a ampla oferta da Noite das Persoas Investigadoras en Galicia

Estas son as xoias xacobeas do galeón naufragado nas Bahamas

O 'Maravillas' afundiuse en 1656 debido a un erro de navegación mentres transportaba valiosos colgantes pertencentes á Orde de Santiago