Xoves 28 Marzo 2024

O Centro de Supercomputación de Galicia quintuplica a capacidade dos seus servidores

Uns equipamentos informáticos potentes e unha óptima capacidade de almacenamento e procesamento de datos son clave á hora de mellorar os rendementos da investigación científica. Campos como os novos materiais e fármacos, a loita contra o cancro, a medicina personalizada e investigación xenómica ou a creación de modelos meteorolóxicos, oceanográficos e climáticos precisan de potentísimos equipos de supercomputación para funcionar do mellor xeito posible.

Expertos en xenética, farmacia, oceanografía e clima nútrense do traballo do Cesga

Moitos grupos de investigación que traballan en Galicia nútrense do funcionamento do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), que acaba de quintuplicar a capacidade bruta dos seus servidores de almacenamento de datos. O proxecto, financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e os fondos Feder da Unión Europea, repercutirá de forma directa no traballo destes científicos galegos.

Publicidade

O equipamento foi adquirido a Fujitsu e producido polos actuais líderes mundiais en almacenamento de datos, NetApp. Supuxo un investimento total de 500.000 euros. Tras a fase de configuración e probas, entrará en servizo a comezos de decembro.

Con esta mellora, os investigadores de institucións públicas e empresas poderán empregar de xeito máis eficiente os grandes conxuntos de datos cos que traballan. Terán posibilidade de acceder, procesar, manexar, explorar ou comparar maiores cantidades de información a maior velocidade. Entre estes grupos están a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, dirixida por Ángel Carracedo, o Instituto de Estudos Oceanográficos, o servizo de MeteoGalicia, o sistema europeo de predición do estado do mar, Copernicus, ou investigadores como Juan Antonio Añel, da UVigo, que participa na redacción dos informes da ONU sobre cambio climático. Tamén se nutren dos equipos do Cesga empresas como a coruñesa Health in Code, especializada en xenética.

Outras agrupacións, como os equipos especializados en seguridade alimentaria e a mellora xenética animal e forestal do Instituto Nacional de Tecnología Agraria y Alimentaria (INIA), o Clúster Tecnolóxico Empresarial de Ciencias da Vida (Bioga), o Clúster Audiovisual Galego (CLAG), e o Clúster TIC Galicia, tamén se nutrirán desta mellora.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cando a música e a informática se alían: “Un músico poderá atopar partituras cantaruxando”

A investigadora da UDC Hilda Romero Velo crea unha aplicación web e móbil para solucionar algúns dos problemas aos que se enfrontan os músicos no día a día

O Sergas desenvolve un sistema de formación para profesionais que funciona como Netflix

A Plataforma Share xa está a funcionar en modo piloto, aspira a ordenar e clasificar o coñecemento sanitario e recomendar cursos á carta

Que é e como funciona o novo computador cuántico de Galicia?

A máquina máis grande e potente de España e do sur de Europa inaugurouse esta mañá no Centro de Supercomputación de Galicia

CESGA e Fujitsu crean un centro en Galicia para desenvolver e impulsar a tecnoloxía cuántica

O obxectivo é promover a investigación neste campo e atraer investimento para abordar os retos que afronta a sociedade actual