Xoves 28 Marzo 2024

Strelka e Belka, as cadelas cosmonautas

Foron os primeiros animais en regresar con vida despois do voo espacial

Un 20 de agosto de 1960, en plena Guerra Fría, a Unión Soviética sumaba outra vitoria na carreira que iniciaran cos Estados Unidos para conquistar o espazo. Belka (Blanquita) e Strelka (Flechita), as dúas cadeliñas a bordo do transbordador Sputnik 5, aterraban na rexión de Orsk, en Kazakstán, tras pasar 26 horas paseando polo espazo.

Selo da Unión Soviética coas cadelas Belka e Strelka.
Selo de Rusia coas cadelas Belka e Strelka.

Este fito converteu a estas dúas cadelas nos primeiros seres vivos en regresar con vida tras un voo orbital, posto que tres anos antes, en 1957, a famosa Laika faleceu entre cinco sete horas despois do despegue debido ao estrés e a un colapso térmico, cando viaxaba a bordo do Sputnik 2.
Belka e Strelka despegaron o 19 de agosto de 1960 ás 11:44 hora de Moscú, dende cosmódromo de Baikonur (Kazakstán). Non o fixeron soas. Na súa viaxe, que os levou a completar 17 voltas á órbita terrestre, estiveron acompañadas por 40 ratos, dúas ratas e unha variedade de plantas e fungos.

Publicidade

Moitos cans descendentes de Belka e Strelka viven nos Estados Unidos

Durante o voo, o control de terra temeuse que puidesen correr a mesma sorte que Laika cando, nada máis entrar en gravidade cero, os animais quedaron inmóbiles durante uns minutos. Afortunadamente, instantes despois, comezaron a ladrar e a moverse, tratando mesmo de quitarse os arneses, o que provocou que Beltra vomitase.
A viaxe do Sputnik 5 foi retrasmitido pola televisión oficial soviética, que difundiu imaxes das dúas cadelas vestidas con traxes de astronauta e que tras o seu regreso e posterior rolda de prensa, se converteron en celebridades da URSS. Foron auténticas heroínas da Unión Soviética e se imprimiron selos conmemorativos coas súas efixies.

Belka e Strelka, a bordo do Sputnik 5.
Belka e Strelka, a bordo do Sputnik 5.

Strelka, tras rematar a súa misión espacial, tivo unha camada de seis cachorros con Pushok, un macho que participou en probas espaciais pero nunca viaxou ao espazo. En 1961 Jrushchov, que presidía o Consello de Ministros da URSS, regalou un deses cachorros a Caroline Kennedy, filla do presidente estadounidense John F. Kennedy. era unha cadeliña chamada Pushinka.
Pushinka creceu e viviu na Casa Branca e tivo cachorros con Charlie, outro can dos Kennedy, o que na época se catalogou como o triunfo dun romance imposible entre dúas potencias enfrontadas en plena Guerra Fría.
Dous dos cachorros, Butterfly Streaker, foron entregados en adopción a nenos da Rexión Medio Oeste de Estados unidos, mentres que os outros dous: Tips Blackie viviron na residencia Kennedy en Squaw Island ata que os regalaron a amigos da familia. Hoxe en día, os descendentes de Pushinka seguen vivos e no Museo Zvezda de Moscú se poden ver as fotos dos descendentes de todos os cans que participaron na conquista do espazo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así funciona a vacina Sputnik-V creada en Rusia

O fármaco ruso emprega dous adenovirus que non provocan enfermidades e que transportan instrucións para crear as defensas do noso corpo contra o SARS-CoV-2

Tres astronautas regresan á Terra convertida noutro planeta

Tras tres meses no espazo, Andrew Morgan, Jessica Meir e Oleg Skriposhka volven en plena pandemia do coronavirus, coa obriga de illarse de novo

[VÍDEO] O lanzamento do foguete Soyuz visto dende o espazo

O astronautra Alexander Gerst gravou dende a Estación Espacial Internacional o momento no que a nave deixa a Terra

Laika, a cadeliña rusa que viaxou da rúa ao espazo

"Pedinlle que nos perdoara e chorei", recorda a responsable do Sputnik 2 no 60 aniversario do lanzamento