Xoves 18 Abril 2024

Stat Wars conta xa con corenta participantes inscritos

Preto de 40 centros de toda Galicia xa confirmaron o seu interese en participar na xornada Stat Wars: o despertar dos datos’, unha actividade dirixida a alumnado de ESO e de Bacharelato para transmitirlle que, ademais dunha profesión de futuro, a estatística pode ser unha ferramenta imprescindible en distintas disciplinas (medicina, economía, medio ambiente, xornalismo, …) para resolver situacións e problemáticas ás que hoxe en día se enfronta á sociedade. En Compostela, Stat Wars celebrarase o 17 de novembro de 11.00 a 13.00 horas no Teatro Principal.

Este proxecto lidérao o grupo interdisciplinar de Bioestatística da USC (GRIDECMB) que dirixe a profesora Carmen Cadarso Suárez en coordinación coa Universidade Carlos III de Madrid. O proxecto conta co apoio da Rede Nacional de Bioestatística (Biostatnet) e está co financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). Tamén colaboran o Concello de Santiago e a empresa Biostatech SL.

Publicidade

O formato, que o equipo promotor cualifica de innovador e atractivo, busca fomentar a participación dos mozos e mozas e posibilitará unha aprendizaxe de forma divertida. Nun único evento, a xornada comezará con charlas e visualizacións de vídeos sobre temas de actualidade que xerarán o debate entre quen asista. Posteriormente están previstos xogos e concursos nos que o alumnado participará de xeito individual ou en grupo. Dado que o aforo está limitado a 400 prazas estableceuse un lista de agarda.

Para resolver calquera dúbida, as persoas interesadas poden contactar cos organizadores a través do correo electrónico proyecto.statwars@usc.es ou no teléfono 881.812.283. Tamén é posible atopar máis información en redes sociais, nomeadamente en Facebook  e Twitter .

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha trintena de casos de dengue en Portugal: debemos preocuparnos en Galicia?

O mosquito tigre, vector da enfermidade infecciosa, detectouse por primeira vez no territorio galego no verán de 2023

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña