Venres 19 Abril 2024

Solsticio na cala Lulworth

Créditos da imaxe e copyright: Chris Kotsiopoulos (GreekSky)
Créditos da imaxe e copyright: Chris Kotsiopoulos (GreekSky)

Explicación: Unha exposición meridional e unha simetría excepcional fixeron da cala Lulworth, na costa Xurásica de Inglaterra (planeta Terra), un fermoso solpor durante este solsticio de decembro. Esta composición espectacular de cinco fotogramas segue o arco máis baixo do Sol, desde o mencer deica o solpor, durante o día máis curto do ano. O arco do solsticio abarca uns 103 graos nesta latitude norte. Por suposto, a erosión pola acción das ondas creou a singular feitura da cala con estratos de caliza costeira. A estreita abertura da cala é a responsable, creando un patrón de difracción de ondas circulares que se fixo máis claro co ángulo baixo do Sol.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón