Venres 19 Abril 2024

A Senda Azul, unha ruta para coñecer Vigo a través do río Lagares

A Senda Azul é unha ruta peonil e ciclista que percorre a parte suroeste da cidade, entre Bouzas e Canido, así como a parte final do curso do río Lagares, que desemboca na praia de Samil.

O paseo comeza na Avenida de Madrid, preto do seu final, separándose da vía asfaltada pola dereita e comezando a camiñar pola senda habilitada xunto ao río, onde os viandantes poden observar diferentes elementos etnográficos, algúns deles situados en torno ao parque de Castrelos. Pasando o parque e tras percorrer a vía urbana que leva ao estadio de Balaídos, o río adéntrase nunha zona máis protexida polas árbores.

Publicidade

A ruta bifúrcase na praia de Samil
A ruta bifúrcase na praia de Samil.

O paseo pola ribeira do Lagares achega unha ruta ornitolóxica onde se representan aves de cada zona e a vexetación de bosque de ribeira. No tramo baixo do río atópanse as zonas húmidas de Goberna, Muiños e a Xunqueira do Lagares, espazos de grande diversidade biolóxica que son fundamentais na regulación do fluxo de auga na zona.

O percorrido ata a praia é duns 8 quilómetros. Ao rematar pódese seguir por dous camiños: cara ao leste, 4,5 km, percorrendo os areais de Samil, Argazada, Tombo do Gato, Fontes, Mourisca, Santa Baia, Carril e Ou Adro, así como as dunas de Samil e Cabo de Mar; ou cara o oeste, 2,6 km, que camíñase ao carón dos areais de Calzoa, Fontaíña, Baluarte, O Vao ou Canido.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Velutinas, porco vietnamita, cangrexo vermello… Así chegan a Galicia as especies invasoras

María José Servia, investigadora da UDC, augura novos exemplares “co foco poco posto nos himenópteros: avespas, formigas e abellas”

A falsa endemia de malaria e outros intentos para desecar a lagoa de Antela

A partir do século XVIII a zona húmida foi considerada inimiga da agricultura. Os veciños intentaron evitar o desaugamento das terras que utilizaban para o pastoreo

A UVigo axudará a rexenerar as pradarías submarinas da ría de Aveiro

Este proxecto europeo basearase na maricultura para apoiar as necesidades de plantas e sementes para a súa reintrodución

Un equipo da UVigo avalía o posible impacto da inxección de aerosois na atmosfera para contrarrestar o cambio climático

Os investigadores galegos aseguran que a técnica reduciría a cantidade de enerxía solar que chega á superficie e reduciría a temperatura