Venres 19 Abril 2024

A ruleta rusa dos pementos de Padrón: un xogo que traspasa fronteiras

Se os pementos de Herbón e Padrón xa tiñan de seu suficientes virtudes para o éxito internacional, un peculiar xogo fixo que nos últimos anos a sona deste produto transcendera Galicia e se espallase polo mundo anglosaxón. É o coñecido como a ruleta rusa dos pementos, unha estratexia de márketing que xa leva anos desenvolvéndose no mundo anglosaxón, sobre todo en Inglaterra.

Con todo, a idea non é nova. En moitas casas galegas, a rapazada lembra ter participado neste pasatempo, ao estilo da terrible ruleta rusa, pero que por sorte, ten como único risco o de sufrir unha severa comechón.

Publicidade

O "Daily Mail" xa falaba en 2008 deste peculiar xogo. Fonte: dailymail.co.uk.
O “Daily Mail” xa falaba en 2008 deste xogo. Fonte: dailymail.co.uk.

No 2008, o Daily Mail  informaba de que a cadea de supermercados Tesco ía poñer á venda os pementos de Padrón, baixo o sobre nome de “Russian roulette peppers“, a un prezo de 1,39 libras por unha bolsa de 100 gramos. Un empregado de Tesco sinalaba que o produto causaba sensación ao ser servido, xa que “non hai xeito de dicir cal é o que pica e cal non”. Recentemente, tamén falaron del no Oxford Mail.

Do mesmo xeito, Lonely Planet menciona o peculiar xogo nun dos seus blogs. O Huffington Post dedicaba outro artigo a falar deste peculiar fenómeno, e incluso mencionaba unha receita do cociñeiro español José Andrés, moi coñecido nos Estados Unidos, na que elaboraba nunha tixola uns pementos recheos de queixo de Arzúa. Outros cociñeiros norteamericanos, como John Broening, de Denver, tamén louvaban as curiosas propiedades destes vexetais con denominación de orixe galega.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da RAG

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204