Martes 16 Abril 2024

O rover Curiosity captura unha ‘flor’ mineral en Marte

A fotografía foi tomada co Mars Hand Lens Imager, que permitiu revelar as texturas da superficie rochosa

O rover Curiosity fotografou o que parece unha pequena flor na superficie de Marte. Non obstante, o equipo do rover xa confirmou que este obxecto é unha formación con estruturas delicadas formadas por minerais que se precipitan do auga. Esta non é a primeira vez que o Curiosity observa algo destas características antes, que se coñece como grupos de cristais diaxenéticos.

A partir de estudos de características de elementos atopados anteriormente, como outra ‘flor’ fotografada xa no 2013 polo Curiosity, o equipo científico determinou que se trataba dunha composición de sulfatos, orixinalmente incrustada dentro dunha rocha que foi erosionada co paso do tempo. Estes grupos de minerais, non obstante, parecen ser resistentes a dita erosión.

Publicidade

O equipo científico utilizou o Mars Hand Lens Imager (Mahli) do rover para tomar estas imaxes en primeiro plano, revelando os minerais e as texturas das superficies rochosas. Esta cámara é a versión do rover do lente manual de aumento que os xeólogos adoitan levar ao campo. O enxeñeiro Kevin Gill foi o encargado de procesar as imaxes.

Outro nome que reciben estes elementos son concrecións, que tamén foron captadas polo rover Opportunity no ano 2004. Nese caso, foron denominadas arandos pola súa forma. No modelo realizado polo estudante de enxeñería aeroespacial Simeon Schmauss poden observarse ambos achados de forma tridimensional.

 

A científica adxunta do proxecto Curiosity, Abigail Fraeman, aproximou o tamaño desta nova formación mineral atopada comparándoa cun penique.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UVigo demostra a viabilidade de ir a Marte con propulsión solar

Investigadores do campus de Ourense presentan o deseño preliminar dun satélite e proban a superiorade deste novo sistema

Así varía a posición do Sol ao longo dun ano

As fotografías de David Couce permiten observar como o astro muda o lugar polo que se oculta en función do mes no que observemos o atardecer

Seis imaxes que cambiaron a historia da ciencia

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de O ser humano empregou primeiro o debuxo e...

Unha paisaxe invernal en Marte? Esta imaxe demostra que non todo é o que parece

A misión espacial Mars Express ofrece unha espectacular fotografía do cráter Korolev para conmemorar os quince anos en órbita no planeta vermello