Venres 29 Marzo 2024

Roncopatías: unha sonora molestia, e tamén un posible problema de saúde

Boa parte da poboación está afectada por problemas respiratorios durante o sono, que poden arranxarse mediante diversos métodos

Ata non hai moito tempo, asociábase o feito de roncar mentres se durmía a que unha persoa estaba tendo un descanso pleno e un sono profundo e reparador. Pero non é exactamente así. Os ronquidos son un trastorno do sono que non ten porque repercutir directamente na saúde, pero poden resultar perigosos se veñen acompañados de apneas ou hipoapneas, que chegan a reducir os niveis de osíxeno no sangue.. E, ademais, cómpre solucionar as molestias que poden causar ás persoas que conviven con quen experimenta roncopatías.

Estiímase que máis do 50% dos homes maiores de 50 anos, e máis do 40% das mulleres despois da menopausia teñen problemas de roncopatías. Unha cifra que, por tanto, é considerable ao afectar tamén aos conviventes. No caso das apneas ou hipoapneas, calcúlase que entre un 5 e un 10% da poboación ten este tipo de patoloxía.

Publicidade

Por que se producen os ronquidos?

O son desencadéase debido á vibración que xera o aire ao pasar polos tecidos da cavidade respiratoria. Non toda a xente produce estes sons xa que se deben a diversos factores, como a propia anatomía das vías respiratorias, o sobrepeso ou o consumo de alcohol, que relaxa en maior medida estes tecidos. Pero ás veces, o problema pode agravarse ao producirse apneas.

Que é a apnea do sono?

Son paradas respiratorias que poden abranguer desde oito ata 90 segundos, seguidas dun ronquido moi potente, que non aparece en todas as persoas que roncan. “É moi importante recoñecer aos pacientes coa Síndrome de Apnea Obstrutiva do Sono (SAOS), xa que eles mesmos non son conscientes do problema”, advirte Simón Pardiñas, especialista en cirurxía oral e director da Clínica Médico Dental Pardiñas.

Alén das evidente sinais durante o tempo do sono, hai outras evidencias, como a somnolencia durante o día, as que poden advertir dunha posible apnea. De non detectarse e tratarse, poden aparecer patoloxías como hipertensión arterial ou accidentes cardiovasculares, alén das consecuencias indirectas como accidentes de tráfico pola somnolencia diurna, falta de concentración no traballo, depresións, irritabilidade, etc..

Tratamiento das roncopatías e apneas do sono

Ao tratarse dun problema habitual, que pode chegar a colapsar outras unidades sanitarias, os servizos de saúde bucodental poden achegar nalgúns casos solucións a persoas afectadas por roncopatías. A gravidade da SAOS depende do número de apneas por hora. “Se son máis de 30, é aconsellable derivar ao paciente a unha unidade do sono, pero en casos máis leves poden ser tratados por un experto en odontoloxía”, engade Pardiñas.

O diagnóstico, segundo o odontólogo, debe ser “o máis exacto posible”. Explica que na Clínica Pardiñas disponse de “aparellos relativamente sinxelos, como o APNIA, co cal o paciente pode medir na súa casa, de forma sinxela, a saturación do osíxeno ou o número de apneas. Os datos recóllense nun programa informático co que se pode avaliar a gravidade do cadro. Outro sinal que fai sospeitar de que o paciente sofre de SAOS son os desgastes nas pezas dentais debido ao bruxismo. “Está demostrada a estreita relación entre os pacientes que son bruxistas e as apneas do sono” afirma Pardiñas.

Na maior parte das situacións, o problema da apnea pode resolverse cun dispositivo bucal, “que evita a retracción da mandíbula, deixando máis abertas as vías respiratorias e permitindo que o aire pase sen dificultade”, engade o director da clínica. Son férulas con deseño de última xeración, ben toleradas polo paciente e que se poden regular no seu grao de avance segundo as necesidades.

Este tipo de dispositivos “adoitan ter moi bos resultados para as roncopatías e as SAOS máis leves”, destaca Pardiñas. Porén, nas situacións máis graves é probable ter que recurrir a tratamentos como as máquinas CPAP (Continuous Positive Airway Pressure), a cirurxía ou a plastia de úvula e padal brando, entre outros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Falsas expectativas no dentista e ‘fake news’: que esperar dun tratamento dental

Antes de calquera vinculación profesional, dentista e paciente deben ter claro ata que punto pode ser efectivo un determinado tratamento

Os riscos do ‘piercing’ na boca e como evitalos

Este tipo de perforacións están de moda, pero non son inofensivas, poden causar numerosas complicacións e lesións

Apnea do sono: pequenos afogos con graves consecuencias

Estendida, pero infradiagnosticada: calcúlase que esta doenza afecta a entre o 5 % e o 8 % da poboación, pero hai moitos casos que non saen á luz.

Un estudo busca atopar a relación entre e a saúde bucodental e a do resto do corpo

A Fundación Clínica Pardiñas busca pacientes con periodontite para participar nun traballo sobre a eficacia de diferentes enxaugues bucais para a súa prevención