Venres 29 Marzo 2024

Paradoxo nos institutos galegos: relixión católica como peaxe para aprender robótica

Docentes de Bacharelato presentan ante a Valedora do Pobo unha queixa por obrigar aos alumnos a facer relixión para poder cursar outras materias

“Ademais de atentar contra a liberdade relixiosa, o que se está facendo con estas actitudes é impedir a moitos rapaces que poidan aprender Robótica, Antropoloxía, Coeducación para o século XXI, Literaturas Hispánicas ou Ética“, lamenta Eva Garea, profesora de Filosofía do Instituto de Educación Secundaria de Ames. Este mércores, xunto á tamén docente de Filosofía Carme Adán, impulsora do movemento Filosofía Si, e outros compañeiros de profesión, presentaron unha queixa ante a Valedora do Pobo pola vulneración dos dereitos fundamentais dos estudantes de Bacharelato.

Así, solicitan á institución (nunha mensaxe que estenden tamén aos partidos políticos con representación no Parlamento de Galicia), que se “ampare o dereito constitucional á liberdade ideolóxica, de crenza, credo e culto”, xa que, segundo denuncian os docentes, vulnéranse os dereitos de alumnas e alumnos ao respecto. Como solución á imposición da relixión nese paquete de optativas, piden tamén que o alumnado poida declararse obxector de conciencia ou que sexan eximidos de cursala, tal e como acontece cos alumnos de fóra durante os seus primeiros cursos no sistema educativo galego.

A situación é paradoxal: as asignaturas optativas que se rexen pola normativa autonómica van en paquetes que hai que elixir, no marco da programación. E nun deles, xunto á Robótica, a Coeducación ou a Antropoloxía, está a relixión católica, xa que en moitos centros é difícil acceder a outras das optativas ofertadas para encher a oferta curricular. Por tanto, se o alumnado, exercendo os seus dereitos, decide non recibir clase de relixión, ve ao mesmo tempo vulnerados os seus dereitos e queda excluído doutras materias, chaves para desenvolverse na sociedade do século XXI. Do mesmo xeito, segundo lembro este mércores Carme Adán en declaracións aos medios, os contidos de Coeducación entran en contradición cos da asignatura de catolicismo, xa que a primeira das materias defende valores do feminismo, de diversidade sexual e de xénero e contra o dominio do patriarcado que son censurados por parte da Igrexa católica.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

PÓDCAST | A intelixencia artificial, o gran desafío do eido educativo

O investigador da UDC Francisco Bellas analiza no sexto episodio de O Descodificador o impacto do cambio tecnolóxico na educación

O proxecto MEDRA fomenta a investigación en física de partículas entre o alumnado de bacharelato

O IGFAE acolleu a presentación dos traballos realizados por decenas de estudantes na súa primeira experiencia investigadora

O impacto da intelixencia artificial na educación sexual

Por María José Figueiredo e Daniel González Peña, da UVigo, e Ricardo Fandiño Pascual, da USC

“A loita contra o lume necesita dunha nova narrativa nos centros educativos”

María Isabel Doval, investigadora da UVigo, quere desenvolver novos recursos que coloquen as escolas rurais no quilómetro cero da prevención de incendios