Venres 29 Marzo 2024

Reciclaxe en Casiopea A

Créditos da imaxe: NASA, CXC, SAO
Créditos da imaxe: NASA, CXC, SAO

Explicación: as estrelas masivas da nosa galaxia Vía Láctea viven vidas espectaculares. Fórmanse mediante o colapso de enormes nubes cósmicas, os fornos dos seus núcleos entran en ignición e crean elementos pesados no seu interior. Despois duns poucos millóns de anos, o material arrequecido é expulsado de novo ao espazo interestelar onde a formación de estrelas pode comezar de novo. A nube de refugallos en expansión coñecida coma Casiopea A é un exemplo desta fase final do ciclo de vida estelar. A luz procedente da explosión que creou este remanente de supernova debería ter sido vista pro primeira vez no ceo do planeta Terra hai una 350 anos, aínda que lle levou uns 11 000 anos chegar a nós. Esta imaxe do observatorio de raios X Chandra en cores falsas amosa os filamentos aínda quentes e os nós do remanente de Casiopea A. A emisión de alta enerxía de elementos específicos foi codificado con cores: o silicio en vermello, o xofre en amarelo, o calcio en verde e o ferro en púrpura, para axudar aos astrónomos a explorara reciclase ds reservas estelares  da nosa galaxia. Aínda en expansión, a onda de choque pode verse coma o anel azul máis externo. A definida imaxe de raios X abarca uns 30 anos luz á distancia estimada de Casiopea A. A mancha brillante preto do centro é unha estrela de neutróns, as sobras colapsadas e incriblemente densas do masivo núcleo estelar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artigo anterior
Seguinte artigo

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Primeira imaxe en luz polarizada do burato negro da Vía Láctea

Grazas a esta nova vista de Saxitario A*, a rede global de radiotelescopios EHT revela a existencia de fortes campos magnéticos xirando arredor do seu borde

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites