Venres 19 Abril 2024

A USC, entre as 500 mellores universidades do mundo segundo o ranking CWUR

O Center for World University Rankings (CWUR) acaba de facer pública a clasificación das mil universidades máis destacadas do mundo. E as tres universidades galegas figuran na lista. A mellor situada, no posto 426, é a Universidade de Santiago de Compostela. A UVigo está no lugar 731 e a UDC, no 989. A nivel estatal, as institucións galegas están nos postos 11º (USC), 26º (UVigo) e 38º (UDC).

Na elaboración desta lista, o CWUR valora sete indicadores “obxectivos e robustos”: calidade da educación (15%), empregabilidade de exalumnado (5%), calidade docente (15%), produción científica (15%), publicacións de excelencia (15%), influencia (15%) e citacións (10%). Tamén se ten en conta a cantidade de alumnado universitario e de docentes ou investigadores que teñen gañado algún premio ou recoñecemento internacional; o ex alumnado que ocupa postos directivos en compañías internacionais destacadas; o número de artigos de investigación en xornais de alto impacto ou os máis citados, entre outras cuestións.

Publicidade

Con estes criterios, a USC obtén a súa mellor posición (327) en canto ao número de citacións, mentres que a UVigo sobresae pola calidade das publicacións (591), aspecto no que tamén obtén o seu mellor resultado a Universidade da Coruña (832). Pola contra, a institución compostelá cae ao posto 933 en canto á empregabilidade do alumnado, mentres que UVigo e UDC sitúanse fóra das 1.000 mellores universidades nese e noutros aspectos, como o da influencia.

A nivel mundial, Harvard é, por sétimo ano seguido, a mellor universidade do mundo para este organismo. Séguena Stanford, o MIT, Cambridge e Oxford.

O ránking CWUR, que comezou a publicarse en 2012 e ten as súas oficinas centrais en Dubai, di ser o único ránking académico de universidades que avalía a calidade da educación, a empregabilidade do alumnado, o resultado da investigación ou a produción científica, sen depender de enquisas ou presentacións de datos por parte das institucións universitarias”. Dende 2014, o ránking expandiuse para incluír ás mellores 1.000 das 18 mil universidades de todo o mundo, “polo que é a clasificación académica máis grande das universidades”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UDC patenta un sistema pioneiro que mide a postura vertebral en tempo real

Investigadores do CITENI crean unha tecnoloxía non invasiva e de baixo custo para mellorar o diagnóstico e tratamento das doenzas da columna

Si, pódese crear acuarela con bacterias: a UDC impulsa a divulgación a través da arte

CICAGallery estrea a súa primeira edición con cinco artistas que convivirán con distintos grupos de investigación da universidade

Como medir as estrelas para revelar os misterios da Vía Láctea

Os investigadores do CITIC Xabier Pérez e Lara Pallas participan na misión Gaia, que pretende crear o maior mapa 3D da nosa galaxia

Unha científica galega secuenciará o xenoma da ‘herba de namorar’

A especie 'Armeria pungens' está presente nas illas Cíes, o único lugar de Galicia onde se pode atopar