Xoves 18 Abril 2024

Unha nova xeración de radioterapia, máis precisa e con menos efectos adversos

Científicos do Laboratorio de Radiofísica da USC desenvolven un novo aparello para mellorar estes tratamentos contra o cancro

Os tratamentos de radioterapia contra o cancro teñen mellorado moito nos últimos decenios. Pero a marxe para facerse aínda máis precisos é bastante grande. Para isto, expertos en radiofísica traballan para mellorar a tecnoloxía que permita afinar máis o ataque aos tumores sen danar tecidos sans, a través da optimización de aparellos como as cámaras de ionización, os dispositivos que serven para determinar a dose exacta dos tratamentos de radioterapia. Neste eido, un equipo de científicos do Laboratorio de Radiofísica da Universidade de Santiago de Compostela acaban de desenvolver un novo modelo de cámara de ionización ultra delgada que permitirá medir fielmente as doses ata taxas mil veces superiores á dos actuais aceleradores de radioterapia. As achegas destes investigadores abren o camiño ao desenvolvemento de terapias de precisión que actúen só sobre as lesións tumorais, minimizando os efectos adversos nos tecidos sans.

O equipo liderado polo profesor Faustino Gómez desenvolveu este novo modelo no marco do proxecto europeo UHDpulse, concibido para executar unha nova xeración de dosímetros, en virtude dos cales, poder aplicar a denominada radioterapia ‘Flash’ coa que se quere producir un menor efecto nocivo nos tecidos sans.

Publicidade

Tal e como se explica no web deste proxecto, que conta con decenas de socios de diversos países, recentes experimentos radiobiolóxicos in vivo demostraron que a irradiación con feixes de electróns, cunha dose ultra alta por pulso, pode reducir drásticamente os efectos secundarios adversos, ao tempo que é igualmente eficaz para o control de tumores que a irradiación convencional. Grazas a isto poderán desenvolverse técnicas terapéuticas e asistenciais máis eficientes a menor custo.

Segundo a OMS, cada ano diagnostícanse en Europa máis de catro millóns de casos de cancro, e a metade dos pacientes reciben radioterapia. A tecnoloxía desenvolvida ao abeiro do proxecto UHDPulse permitiría reducir o tempo de administración das doses precisas e, deste xeito, diminuír o risco de efectos adversos, obtendo como resultado un control tumoral máis eficaz.

“Esta nova modalidade de radioterapia implica a entrega ultrarrápida de radiación a taxas de doses de magnitudes maiores que as usadas na práctica clínica habitual. Deste xeito, téntase erradicar as células cancerosas, protexendo o tecido normal do dano da radiación tanto como sexa posible”, explica Faustino Gómez.

A proposta deste grupo de investigación consiste en modificar a xeometría das cámaras de ionización xa existentes nos hospitais reducindo a distancia entre eléctrodos dende varios milímetros a valores en torno a 0.25 milímetros. Deste xeito, os centros clínicos contarían con instrumentos de medida similares aos que xa usan actualmente para determinar a dose dos pacientes pero capaces de medir nesta nova modalidade de terapia. Actualmente xa se realizaron as primeiras probas clínicas en seres humanos de terapia ‘Flash’ con feixes de electróns en Lausanne (Suiza) e de protóns en Cincinnati (Estados Unidos).

O paso ao uso clínico desta técnica enfróntase a diversos problemas tecnolóxicos, entre eles a capacidade de medir correctamente a dose impartida. Neste senso, a nova cámara concibida polo equipo da USC foi probada con éxito nun acelerador Flash da empresa SIT en Aprilia (Italia) o pasado mes de maio. Ademais, os resultados de I+D deste grupo de investigación acadaron o premio ao mellor traballo científico do Congreso Nacional das Sociedades Española de Física Médica e Protección Radiolóxica celebrado este ano; alén de obter o recoñecemento á mellor contribución presentada ao congreso internacional ‘Flash Radiotherapy and Particle Therapy Conference’ FRPT2021 que que se desenvolverá  en Viena (Austria) no mes de decembro, ao ser salientada entre os 250 traballos dos máis importantes centros de investigación do mundo.

Ademais, Faustino Gómez foi nomeado representante da Federación Europea de Física Médica (EFOMP) no Comité Conxunto Internacional TG359 auspiciado pola Asociación Norteamericana de Física Médica (AAPM), para o desenvolvemento de novos protocolos de dosimet

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os casos de cancro de próstata duplicaranse en 2040

Un informe publicado na revista 'The Lancet' estima que en menos de dúas décadas haberá 2,9 millóns de pacientes con este tumor

“Con suficiente investigación, a maioría dos cancros poderanse tratar na década de 2040”

Jesús Sánchez, responsable de proxectos na Fundación CRIS, asegura que as terapias CAR-T foron unha revolución no tratamento dos tumores do sangue

O disruptores endócrinos poden aumentar o risco de cancro de endometrio

Observada unha asociación entre as mesturas de contaminantes ambientais e a maior probabilidade de desenvolver este tumor

Yolanda Prezado: “Coa protonterapia erradicamos o 83% dos tumores en estudos preclínicos”

A científica galega referente en París incorpórase ao CiMUS para impulsar a investigación en Galicia da terapia con protóns