Xoves 18 Abril 2024

Premio de comunicación científica para divulgar a Física de Altas Enerxías

O Instituto Galego de Físicas Altas Enerxías acaba de convocar a primeira edición do concurso de comunicación científica IGFAE C 3, que busca “estimular a produción de recursos educativos que acheguen a un público amplo os fundamentos da Física, en particular a estudantes de ensino secundario e superior”. O certame está dirixido a persoal investigador dos organismos públicos de investigación; a estudantes de doutoramento, mestrado ou grao; a profesorado de ESO e Bacharelato do ámbito da Física; e a profesionais da divulgación científica e a xornalistas.

Os participantes poderán presentar as súas propostas en tres modalidades: monólogos científicos; experimentos, demostracións ou aplicacións web ou para dispositivos móbiles; e artigos de divulgación.

Publicidade

Monólogos

A temática dos monólogos estará relacionada coa Física, especialmente a que é obxecto de estudo nas liñas de investigación do IGFAE. A súa duración máxima será de tres minutos e non poderán contar con apoio audiovisual. Poderán realizarse en galego, español ou inglés e presentaranse o 15 de novembro na Aula Magna da Facultade de Física nunha xornada na que tamén se desenvolverá a cerimonia de entrega dos premios.
As propostas poderán presentarse ata ás 23.59 horas do 2 de novembro enviando un correo a monologos-C3-2018@igfae.usc.es no que se indicará nome e apelidos do autor/a, título do monólogo, teléfono de contacto e un breve parágrafo para realizar a presentación do/ monologuista. O xurado confórmano Héctor Urién, María Solar e Eduardo Sáenz de Cabezón e o premio será un iPad mini 4 Wi-Fi 128 GB para o mellor monólogo.

Experimentos

Coa mesma temática que na modalidade de monólogos, as persoas interesadas deberán presentar unha memoria en galego, español ou inglés, en formado PDF cun tamaño máximo de oito páxinas en formato A4, fonte de como mínimo 12 puntos, marxes mínimos de 1 cm a cada lado e un interliñado mínimo de 1,15. Deberán incluír título; un resumo do experimento, demostración ou aplicación;  obxectivo e principio científico sobre o que se basea ou pretende demostrar; explicación da montaxe; material necesario para a súa execución; e orzamento detallada necesario, ata un máximo de 500 euros. Tamén se especificarán os posibles exercicios que se poden realizar, fotografías, diagramas ou enlaces a material audiovisual que mostran en que consiste a demostren a súa viabilidade.

O prazo para enviar propostas permanecerá aberta ata ás 23.59 horas do 8 de novembro e deberán dirixirse ao correo experimentos-C3-2018@igfae.usc.es. O xurado estará integrado por sete membros, sendo presidenta a profesora Dolores Cortina e conformado ademais por Manuel Miramontes en representación de Museo Científicos Coruñeses. Outorgarán ata catro premios en metálico por un máximo de 500 euros destinados á construción do experimento, demostración ou aplicación coa finalidade de presentalos en Museos Científicos Coruñeses. O mellor recibirá tamén un premio de 500 euros.

Artigos

Nesta modalidade poderán concorrer textos redactados en galego, español ou inglés cunha extensión máxima de 1.200 palabras, enviados en ficheiro PDF con formato libre. Os textos, sobre temas relacionados coa Física e especialmente coas liñas de traballo do IGFAE, non poder ter sido publicados anteriormente nin ter compromisos de publicación. Poderán enviarse os orixinais ata as 23.59 horas do 2 de novembro ao correo artigos-C3-2018@igfae.usc.es.

Presidido polo profesor José Edelstein, o xurado contará con cinco membros que elixirán un traballo gañador, premiado cun iPAD mini 4 Wi-Fi 128 Gb.

Na avaliación de todos os traballos terase en conta o rigor e a calidade dos conceptos presentados, a orixinalidade e interese do tema proposto, a súa correspondencia cos obxectivos do certame e, sobre todo, a capacidade de comunicar o contido ao público non experto. Ademais valoraranse outros aspectos como a orixinalidade dos materiais e a variedade dos recursos empregados. As decisións dos xurados comunicaranse durante a cerimonia de entrega dos premios o día 15 de novembro na Aula Magna da Facultade de Física da USC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo reivindica no Día Mundial da Auga a importancia do seu acceso universal

A universidade impulsa a concienciación través dunha serie de pódcast con nenos e nenas e dun concurso escolar de microrrelatos
00:03:09

As patacas teñen lingua propia: o vídeo dunha galega finalista nun certame de divulgación

A investigadora da Misión Biolóxica de Galicia Lucía Martín Cacheda presenta unha peza audiovidual sobre a comunicación química das plantas

Cinco libros para agasallar ciencia este Nadal

Unha listaxe con opcións para adultos e nenos que mostra o mundo científico e a súa historia en lingua galega

A eternidade por fin comeza un luns

Artigo gañador da VI edición do IGFAE C3, o concurso de comunicación científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías