Venres 29 Marzo 2024

Polaris mailo cometa Lovejoy

Polaris mailo cometa Lovejoy
Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo.

Explicación: un destes dous obxectos brillantes do ceo está a moverse. Á dereita está a famosa estrela Polaris. Aínda que está na posición 45 das estrelas máis brillantes do ceo, Polaris é famosa por parecer estacionaria. Unha vez que a atopes, aparecerá sempre na mesma dirección, toda a noite e todo o día, durante o resto da túa vida. Isto débese a que o polo setentrional de xiro da Terra, chamado o Polo Norte Celeste, apunta preto de Polaris. Á esquerda, uns dez millóns de veces máis preto, está o cometa Lovejoy, que cambia de xeito destacado a súa posición no ceo nunha hora. A imaxe publicada tirouse a semana pasada. Designado oficialmente coma C/2014 Q2 (Lovejoy), esta bola de neve en desintegración vén de visita desde o Sistema Solar máis exterior e aparecerá preto da Estrela do Norte só durante unhas poucas semanas máis. Porén, iso debería ser abondo para que os norteños poidan ollar con prismáticos ou un pequeno telescopio a coma verdecente deste fuxidío recén chegado, quizais coa axuda dun bo mapa estelar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente