Venres 19 Abril 2024

O planetario da Casa das Ciencias estrea unha proxección para público infantil

Un filme con dous esquíos como protagonistas ensinaralle os nenos de 4 a 7 anos as condicións de vida doutros planetas do sistema solar

A Casa das Ciencias estrea o programa de planetario a toda cúpula Hazelnuts, na procura do planeta perfecto, pensado para nenas e nenos de 4 a 7 anos. A historia relata como dous esquíos, Nino e Lilli, farían calquera cousa por conseguir abelás (hazelnuts en inglés), e máis aínda por conseguir superabelás, que é o que cren que haberá nos brillantes planetas que poden ver todas as noites, así que se embarcan nunha aventura para tentar alcanzalos. Unha procura chea de diversión e aventuras para goce dos visitantes máis pequenos da Casa das Ciencias.

Xunto con Nino e a súa irmá Lilli tamén estará Leo, un bufo cariñoso e paciente, que será a voz da sabedoría nesta historia. Ao longo da película preséntanse varias ideas sobre as condicións de vida noutros planetas do sistema solar, o que levará aos esquíos a comprender que poden resultar realmente hostís para os seres humanos, e que a natureza da Terra é fráxil e debemos coidala. Esta proxección é unha produción de Mediatro Promotion e 3D émotion.

Publicidade

Programación de Nadal

Os Museos Científicos Coruñeses programan actividades especiais durante as vacacións escolares de Nadal. No que respecta á Casa das Ciencias, haberá catro sesións diarias que podes consultar a continuación:

  • Do 23 ao 31 de decembro (o 24 e 31 non haberá as sesións da tarde):
    • 11.30 h. Polaris (+7 anos, galego)
    • 13.00 h. La noche es necesaria (+10 anos, castelán)
    • 17.00 h. Hazelnuts, en busca del planeta perfecto (de 4 a 7 anos, castelán)
    • 18.00 h. Sesión en directo sobre a Vía Láctea (+10 anos)
  • Do 2 ao 7 de xaneiro:
    • 11.30 h. Polaris (+7 anos, galego)
    • 13.00 h. Sesión en directo sobre a Vía Láctea
    • 17.00 h. Hazelnuts, en busca del planeta perfecto (de 4 a 7 anos, castelán)

No que respecta á Domus, habéra dous títulos na súa sala de cine. Por unha banda proxectarase o documental Maa-Yiem, a extraordinaria historia de Jordi Sabater Pi, que resume a traxectoria dun científico autodidacta que tras viaxar ás selvas de África converteuse nun dos pais da moderna primatoloxía. De feito, esta peza audiovisual acaba de gañar o Premio Prisma 2023 ao mellor traballo en vídeo. O documental proxectarase todos os días ás 12.00 horas.

O segundo título da Dous é La mujer que soñaba con números. Tamén se trata dunha peza audiovisual sobre a vida de María Andresa Casamayor de la Coma, autora do texto científico máis antigo que se conserva escrito por unha muller española. Este documental tamén foi premiado nos Prismas 2023 como mellor proxecto singular. Proxectarase todos os días ás 16.30 horas, agás o 24 e o 31 de decembro.

Finalmente, no Aquarium Finisterrae haberá dúas actividades. Por unha banda, As focas do Aquarium, onde se lle explicará ao público asistente como se alimenta ás focas nas piscinas exteriores. Farase todos os días ás 12.00 e ás 17.00 horas. Por outro lado estará Tiburóns á vista, un obradoiro experimental sobre curiosidades das quenllas. Celebrarase dende o 24 ao 30 de decembro, agás o 24, ás 18.00 horas.

Horarios dos museos

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abrirán en decembro de luns a domingo de 10.00 a 19.00 horas. O 24 e o 31 de decembro abrirán de 10.00 a 14.00 horas. En xaneiro o horario será de 10.00 a 19.00 horas de luns a venres, sábados, domingos e festivos de 11.00 a 19.00 horas, (útlimo acceso ás 17 horas no Aquarium, ás 17.30 na Casa das Ciencias e Domus). Os accesos péchanse unha hora antes da hora de peche no Aquarium Finisterrae e 30 minutos antes do peche na Casa das Ciencias e Domus. Os Museos Científicos Coruñeses pecharán o 25 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias festexa 30 anos de coñecemento compartido

O seu presidente, Julio Casal, reivindica o compromiso coa divulgación científica para achegar información de calidade á sociedade

Os Museos Científicos Coruñeses programan do 11 ao 19 de novembro a Semana da Ciencia

Co obxectivo de atender a elevada demanda de visitas, este ano prolónganse durante dúas fins de semana as celebracións da Semana da Ciencia

A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias celebra o seu 30 aniversario

A entidade, que colabora cos Museos Científicos Coruñeses e o Muncyt, tamén organiza dúas conferencias sobre a relación entre música e ciencia

Estes son os gañadores dos Premios Prismas Casa das Ciencias 2023

O xurado do galardón, un dos máis recoñecidos na divulgación científica en España, deu a coñecer este martes o seu ditame