Xoves 25 Abril 2024

Un estudo advirte do impacto da pesca de arrastre nas poboacións de golfiños

O director do BDRI, Bruno Díaz, publica unha investigación na revista "Progress in Oceanography", que subliña a importancia dunha mellor xestión da pesca

É evidente o impacto das pesquerías comerciais en determinadas especies mariñas. No contexto actual, cun aumento da presión humana nos océanos e co factor engadido do cambio climático, a comunidade internacional amósase preocupada pola situación. En Galicia, debido á actividade pesqueira, esencial na economía, a ciencia tamén traballa para atopar os problemas que poidan xurdir con determinadas especies. Desde O Grove, o Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI), dirixido por Bruno Díaz, ten constatada esta vulnerabilidade nas súas saídas de investigación pola contorna das Rías Baixas. E agora, nun estudo publicado na recoñecida revista Progress in Oceanography, “alerta do risco existente para a supervivencia dos golfiños comúns (Delphinus delphis) se non se realiza unha xestión adecuada da pesca de arrastre”, que “pode causar un declive dramático na presenza de golfiños comúns”, explica Díaz.

Para desenvolver a investigación, tamén asinada por Séverine Methion, da universidade de Burdeos, e Oriol Giralt do University College de Cork, realizáronse 273 inspeccións diarias de barcos durante un período de 38 meses, entre os anos 2014 e 2017, no noroeste da península.  Percorreron, en total, máis de 9.500 quilómetros que permitiron o avistamento de máis de 90 grupos de golfiños comúns, cun total de 4.963 exemplares.

Publicidade

O obxectivo era avaliar as correlacións ambientais, topográficas e antropoxénicas do uso do hábitat e a densidade relativa de golfiños comúns. Tamén se analizou o grao de vulnerabilidade deste mamífero tendo en conta as artes asociadas a cada unha das zonas con presenza de golfiños, como o arrastre, o cerco e pesca de enmalle.

Mellor xestión

“A alta incidencia de golfiños comúns en zonas caracterizadas por unha alta presión de pesca de arrastre de fondo vinculouse indirectamente á susceptibilidade destes depredadores mariños ás actividades pesqueiras”, expón o BDRI. Uns achados que se poden utilizar “como un indicador relevante do grao de vulnerabilidade da presión humana do golfiño común, que proporciona información completa sobre a cal basear as estratexias de conservación e xestión”.

Ademais, segundo se indica no traballo, “as análises revelaron que a magnitude da interacción existente entre pesca de arrastre e os golfiños foi significativa, o que supón un nivel preocupante de vulnerabilidade ante as capturas accidentais (que son a causa máis frecuente dos varamentos de golfiños comúns nas costas de Galicia; e o golfiño común é a especie máis frecuente nos informes da CEMMA)”, engade o texto

Uns datos que, segundo valoran os autores do traballo “poden usarse como un indicador relevante do grao de vulnerabilidade desta especie á presión humana, e a necesidade de modificar as medidas de xestión e manexo da pesca de arrastre a través dunha actividade máis sustentable que garanta que os golfiños comúns poidan seguir sendo ‘comúns’ nas nosas augas”.

Referencias: Living on the edge: Overlap between a marine predator’s habitat use and fisheries in the Northeast Atlantic waters (NW Spain), publicado en Progress in Oceanography, 11 de abril de 2019).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: “Probablemente xa estea en Galicia”

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala

Os parques eólicos mariños ameazan a toniña en Galicia: “Xa está en perigo de extinción”

Un estudo de ecólogos do Grove pide medidas para a conservación dunha especie moi afectada polas capturas accidentais da pesca

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses