Xoves 25 Abril 2024

O peixe dos dentes de ouro: 555 dentes

O "Ophiodon elongatus", que habita nas augas do Pacífico norte, ten varias ringleiras de mandíbulas e esperta o interese da ciencia

O galego é rico en refráns. Tamén sobre dentes. “O que gusta ao dente non se lle dá ao parente”, “Entre parentes non metas os dentes” ou “Deus dá pan a quen non ten dentes”. E tamén: “Pola boca morre o peixe”. Un peixe de nome científico Ophiodon elongatus ten unha das bocas con máis dentes da natureza, cuns 555 dentes que recobren as súas mandíbulas. Un novo estudo suxire que estes peixes perden dentes tan rápido como medran os novos, a unha taxa asombrosa de 20 por día.

O Ophiodon elongatus é un peixe depredador que se atopa no Pacífico norte. Cando alcanza a madurez mide 50 centímetros, pero algúns chegan a medir 1,5 metros. Para comprender o aspecto e o funcionamento da boca desta especie temos que esquecer o que sabemos da nosa boca. En lugar de incisivos, molares e cairos, estes peixes teñen centos de dentes afiados e case microscópicos nas súas mandíbulas. O seu padal duro tamén está cuberto por centos de diminutas estalactitas dentais. E detrás dun conxunto de mandíbulas atópase outro conxunto de mandíbulas accesorias, chamadas mandíbulas farínxeas, que os peixes usan para mastigar alimentos da mesma maneira que os humanos usan os molares.

Publicidade

Por estraño que sexa esta configuración oral en comparación coas bocas dos mamíferos, a boca do Ophiodon elongatus convérteo nunha especie para investigar.

Os dentes dun organismo poden revelar como e que come. E debido a que os dentes se fosilizan moi ben son o elemento máis abundante no rexistro fósil de moitas especies. Para moitas, os seus dentes poderían ser o único rexistro da especie que existise.

Fonte: Gerald Corsi / Getty Images.
Fonte: Gerald Corsi / Getty Images.

Para investigar como se xeraban os dentes desta especie, os autores dunha investigación recentemente publicada mantiveron 20 individuos en tanques nun laboratorio da Universidade de Washington. Debido a que os seus dentes son pequenos, ver a velocidade á que os perdían foi complicado. Os investigadores engadiron ao tanque unha tinguidura vermella diluída, que tinguiu de vermello os dentes do peixe. Despois, os investigadores trasladaron aos peixes a un tanque con de unha tinguidura verde fluorescente, que volveu tinguir os dentes.

Despois estudáronse cun microscopio de fluorescencia e calcularon a proporción de dentes vermellos con respecto aos dentes verdes nas mandíbulas destes individuos. En total, contaron máis de 10,000 dentes nos 20 peixes. E descubriron que os peixes perden unha media de aproximadamente 20 dentes por día.

As mandíbulas farínxeas, por exemplo, parecen perder os dentes moito máis rápido que outras partes da boca. Alimentar os peixes non aumentou a substitución dos seus dentes.


ReferenciaThe moment of tooth: rate, fate and pattern of Pacific lingcod dentition revealed by pulse-chase (Publicado en Proceedings of the Royal Society B.).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A lamprea, en caída libre en Galicia: de 23.000 quilos capturados a 3.000 en dez anos

O catedrático da USC Fernando Cobo apunta que a presión pesqueira e a captación de auga ilegal fomentan a diminución de especies

Cal é o alimento que desencadea o pracer nos peixes?

Coñecer os mecanismos de motivación pola comida podería mellorar a eficiencia económica das empresas dedicadas á acuicultura

As femias esixentes elixen aos machos raros e teñen fillos máis sexis

Un estudo de investigadores de EE UU, realizado con peixes guppy, mostra que os individuos con trazos pouco comúns resultan máis atractivos