Venres 29 Marzo 2024

As partículas contaminantes dos incendios de Canadá chegarán a Galicia este domingo

Estas cantidades de monóxido de carbono viaxaron ata as Azores o pasado martes sen representar algunha ameaza para a saúde humana

Os incendios forestais que asolaron Canadá as últimas semanas, con máis de 400 focos activos e catro millóns de hectáreas queimadas, emitiron grandes cantidades de gases e partículas que viaxan co vento. O Instituto Portugal do Mar e da Atmosfera (IPMA) vén de anunciar que unha circulación ciclónica asociada a unha depresión centrada no noroeste das Azores promoveu o transporte a grande escala destes contaminantes ao longo do Atlántico Norte. Estes contaminantes chegaron ás Azores o pasado martes 13 de xuño e agárdase que cheguen á Península Ibérica a partir do vindeiro 18 de xuño.

Estas partículas son principalmente monóxido de carbono e son inferiores aos límites legais establecidos, de maneira que non representan ningunha ameaza para a saúde humana. De feito, as concentracións que cheguen á Península serán menores que as que chegaron ás Azores. Foi o Instituto Noruego de Investigación Ambiental e do Clima (NILU) quen confirmou a presencia de partículas procedentes dos incendios de Canadá a partir de mostras de aire tomadas o 7 de xuño no Observatorio de Birkenes, no sur de Noruega.

Publicidade

Columna vertical media de CO obtida por satélite (Sentinel-5P) entre o 11 e o 13 de xuño. Fonte: IPMA

O desastre ambiental dos incendios viaxou máis de 1.000 quilómetros e tinguiu de laranxa toda a cidade de Nova York. A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) explicou que os aerosois que emite a queima da masa forestal de Canadá dispersan a luz aínda máis, o que fai que cambie a cor do ceo e pase a ser un ton máis alaranxado. O vento desprazou estes aerosois a varios puntos de Estados Unidos, afectando a gran parte da costa este do país.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os ’pellets’ xa invaden zonas mariñas protexidas de Galicia

Unha simulación realizada pola organización internacional Oceana predí que os plásticos están presentes en todo o litoral da comunidade

Un equipo galego utiliza materiais que respiran CO2 para refrixerar e quentar fogares

O grupo da UDC busca substituír os actuais compoñentes de calefacción, daniños para o medioambiente, por outros máis sostibles e eficientes

Un equipo galego usará IA para detectar contaminantes nas augas termais

Investigadores da UVigo lideran o proxecto Aquapred que predicirá a posibilidade de aparición de bacterias como a lexionela e a E. coli

O petróleo e os seus residuos inducen a metamorfose en invertebrados mariños

Un estudo internacional apunta que estas substancias poden alterar o ciclo e os procesos naturais destes animais