Venres 29 Marzo 2024

Palomar 12

Cúmulo globular Palomar 12
Créditos da imaxe: ESA/Hubble, NASA.

Explicación: Palomar 12 non naceu aquí. As estrelas do cúmulo globular, o primeiro que se identificou no Palomar Sky Survey (“Sondaxe do Ceo Palomar”), son máis novas cás dos outros cúmulos globulares de estrelas que vagan polo halo da nosa Galaxia Vía Láctea. A posición de Palomar 12 na nosa galaxia e o movemento que se lle mediu suxiren que o seu fogar foi noutrora a galaxia elíptica anana Sagittarius, unha pequena satélite da Vía Láctea. Perturbada polas mareas gravitatorias durante os encontros achegados, a galaxia satélite perdeu as súas estrelas en favor da maior Vía Láctea. A captura gravitatoria de Palomar 12, agora parte do halo da Vía Láctea, probablemente tivo lugar hai uns 1,7 mil millóns de anos. Palomar 12, tal e como se olla por tras das estrelas con puntas en primeiro plano nesta definida imaxe do Hubble, abarca case 60 anos luz. Atópase a uns 60.000 anos luz de distancia, cara a constelación Capricornus.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente