Mércores 24 Abril 2024

Paisaxe celeste do Cygnus central

Créditos da imaxe e copyright: Paul C. Swift.
Créditos da imaxe e copyright: Paul C. Swift.

Explicación: a golpes de pincel cósmico de gas hidróxeno brillante, esta fermosa paisaxe celeste desenvólvese ao través do plano da nosa galaxia Vía Láctea mailo centro da constelación setentrional Cygnus, o Cisne. A imaxe publicada abarca uns seis graos. A brillante estrela superxigante Gamma Cygni (Sadr) na parte superior esquerda do centro da imaxe no primeiro plano do complexo de nubes de gas e po e os eidos ateigados de estrelas. Á esquerda de Gamma Cygni, coa forma de dúas ás luminosas divididas por escuros corredores de po escuro, está IC 1318, cun nome popular moi claro de nebulosa Bolboreta. A nebulosa brillante e máis compacta na parte inferior dereita é NGC 6888, anebulosa do Crecente. Hai quen estima unha distancia para o lugar de Gamma Cygni duns 750 anos luz mentres se estima para IC 1318 e NGC 6888 un rango que vai dos 2.000 aos 5.000 anos luz.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón