Xoves 28 Marzo 2024

OpositaTest: o camiño dixital para chegar a un emprego público

Hai start- ups que nos traen novos produtos, xeran novas necesidades ou nos abren novos mundos e posibilidades. Pero hai outras que utilizan a tecnoloxía actual para coller algo cotián e simplificalo.

OpositaTest nace da necesidade persoal dunha das súas creadoras, Inés, que estaba a preparar unhas oposicións para xustiza. Calquera que pasase por unha proba con exame tipo test nos pasados anos está familiarizado co tedioso da súa práctica: preparación manual do exame, corrección unha a unha das respostas e procura dos motivos do fallo. Ademais de sufrir unha desactualización continua dos materiais, que implica un desembolso de diñeiro que só remata cando se consegue sacar a praza.

Publicidade

Web de OpositaTest.
Web de OpositaTest.

OpositaTest ofrece dúas cousas ao usuario: unha ferramenta tecnolóxica coa que aforra tempo e unha alta calidade de contido actualizada cada día ante calquera cambio no temario. “O opositor ten que estudar, e despois, practicar; non pode perder o tempo en algo sen valor como corrixir e actualiza probas”, explica Pablo Cancelo, CCO (xefe de operacións) de OpositaTest, unha web e unha aplicación para móbiles e tablets na que ademais de realizar os test podes comparar os teus resultados coa túa progresión persoal e cos demais usuarios.

As primeiras oposicións que abordaron foron as de xuíces, fiscais e secretarios xudiciais, xa que conseguir a excelencia nestas probas -consideradas das máis difíciles- lles daría validez para meterse en calquera outra de menor esixencia.

A acollida foi total desde o primeiro momento, sobre todo ante a falta de competencia. Pero tamén porque conseguen mellorar os test tradicionais. “Moita xente dicía que o noso contido parecíase moito máis ao que se atopaban noutros exames que fixeran”. A día de hoxe contan con 33.000 subscritores, cunha moi alta taxa de satisfacción que amosa a súa última enquisa -das 1.000 persoas que responderon, un 95% aseguraba que se volvería a subscribir a OpositaTest– e cun 85% de usuarios que melloraron a súa nota ou aprobaron as oposicións despois de usar a aplicación.

OpositaTest conta na actualidade con máis de 33.000 subscriptores

Desde a creación de OpositaTest apareceron máis aplicacións que ofrecen un servizo similar de probas de oposición, sobre todo da man de academias e editoriais. Pero Pablo Cancelo presume de que despois de varios anos non houbo quen fose quen de o profesionalizar tanto como eles. Ademais, defende que OpositaTest non é máis que un complemento, xa que “o opositor estuda na academia ou co temario e logo practica coa nosa aplicación; non deixará de comprar libros nin de ir a clase”.

De feito, están a colaborar con varias academias ofrecendo a súa aplicación de xeito personalizado aos seus alumnos, onde inclúen preguntas do propio temario que reciben nas clases. Outra das estratexias de mercado está a ser chegar aos grandes xogadores do sector, do tipo de colexios laborais e outras entidades oficiais para ademais de ser unha ferramenta de práctica sexa OpositaTest quen elabore as preguntas para o exame. Algo que xa están a facer co Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia.

O proxecto medra de xeito exponencial, do mesmo xeito que a empresa, que cada día conta con máis traballadores. Pero tentan que ese crecemento non sexa incontrolable e afecte ao o seu alicerce principal, a calidade.

Consola de OpositaTest.
Consola de OpositaTest.

Aínda que o seu núcleo de traballo central sexan as probas públicas de xustiza, xa están a traballar en Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, Facenda ou Sanidade. Propóñense camiñar cara a unha formación integral, ofrecendo esquemas, partes do temario ou titorías online. “É o que os opositores piden, que lles deamos maior soporte”. Pero non aspiran a ser unha academia online senón seguir traballando onde as academias flojean.

OpositaTest participou tanto en Via Galicia como en Galicia Open Future. “Participar nun programa deste tipo obriga  a que te centres no proxecto”. As aceleradoras obrigan aos participantes para marcar uns obxectivos e traballar para iso e “se te marcas o día 15 para facer unha acción de márketing ou desenvolver unha funcionalidade, tes que o ter feito”. E cren que a súa participación en ambos os programas foi clave non só polo financiamento, senón tamén por esta necesidade de dedicarlle tempo á empresa. Dos catro membros que fundaron a OpositaTest, a metade vén da informática e a outra metade das oposicións, o que lles fai complementarse moi ben. E están ilusionados cun proxecto que fixo que por agora, Inés aparcase a idea de volverse a presentar a unhas probas públicas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Convocado o IX Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

Os traballos poden enviarse a partir do 15 de abril. A dotación económica do galardón será de 5.000 euros, cun accésit para o segundo mellor valorado

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC
00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural
00:04:28

Comer ovos dispara o noso colesterol?

Grazas aos avances científicos hoxe sabemos que esta relación non é máis que un mito. Iso si, outros factores como os hereditarios, poden forzarnos a reducir o consumo deste alimento