Xoves 28 Marzo 2024

Nube molecular Barnard 68

nube molecular escura
Créditos da imaxe: FORS Team, 8.2-meter VLT Antu, ESO

Explicación: onde marcharon todas as estrelas? O que se acostumaba a pensar que era un burato do ceo é agora coñecido polos astrónomos coma unha nube molecular escura. Aquí, unha concentración alta de po e gas molecular absorbe case toda a luz visible que emiten as estrelas de detrás. Os arredores, arrepiantemente escuros, axudan a facer dos interiores das nubes moleculares uns dos lugares máis aillados e fríos do Universo. Unha das máis destacadas destas nebulosas escuras de absorción é unha nube cara a constelación Ophiuchus coñecida coma Barnard 68, fotografada enriba. Esas estrelas que non se ven no centro indican que Barnard 68 está relativamente achegada, con medicións que a sitúan a uns 500 anos luz de distancia e medio ano luz de diámetro. Non se sabe con exactitude como as nubes moleculares coma Barnard 68 se forman, pero sábese que estas nubes son por si mesmas lugares nos que probablemente se estean a formar estrelas novas. Precisamente, pénsase que a propia Barnard 68 podería colapsar e formar un novo sistema estelar. É posible ollar xusto ao través da nube en luz infravermella.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente