Explicación: realmente nunca te verías atrapado nesta nevarada mentres ficas nun cantil de Churyumov-Gerasimenko, tamén coñecido coma o cometa 67P. A cámara de ángulo estreito da nave espacial Rosetta, que orbitaba o cometa en xuño de 2016, gravou raias de partículas de po e xeo que atravesaba o campo de visión preto da cámara e por riba da superficie do cometa. Con todo, algunhas das pintiñas brillantes da escena débense probablemente a unha choiva de partículas cargadas enerxéticamente ou raios cósmicos que baten na cámara, e un denso fondo de estrelas na dirección da constelación do Can Maior. Preme no fotograma para poñer en marcha a animación e podes ollar de xeito doado as estrelas do fondo mentres deixan os seus ronseis desde a parte superior cara abaixo no gif animado (7.7MB). Os 33 fotogramas da animación, comprimida temporalmente, abarcan uns 25 minutos de tempo real. O espectacular gif foi creado a partires de imaxes consecutivas tiradas mentres a Rosetta cruzada a uns 13 quilómetros do núcleo do cometa.