Venres 29 Marzo 2024

Radon, a memoria dos mortos e tormentas solares, nas NerdNites

Regresan as NerdNites a Santiago de Compostela o vindeiro martes 23 de outubro. A partir das 21.30 horas, o café Casino acolle unha nova edición destas veladas de divulgación científica que achegan temas de interese aos asistentes, da man de expertos en diversas materias. Nesta ocasión, as charlas falarán de memoria dos defuntos e antropoloxía, os sistemas de medición do gas radon e da posibilidade de que o planeta se vexa afectado pola radiación de tormentas solares.

Os poñentes serán Cristina Sánchez Carretero, investigadora do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC), cunha intervención que levará por título ‘Morte, memoriais e espazo público‘; Dolores Cortina Gil, profesora do Departamento de Física de Partículas da USC e investigadora do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, con ‘Os ollos que ven o radón‘, e Jorge Eiras Barca, investigador posdoutoral Fulbright na Universidade de Illinois e asociado ao Departamento de Física Aplicada da UVigo, con ‘Tormentas solares xeomagnéticas: poderíamos quedar a escuras?’

Publicidade

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A USC contribúe nunha nova técnica para estudar reaccións nucleares en explosións estelares

O investigador Yassid Ayyad desenvolveu parte da análise neste traballo internacional que se publica na revista ‘Physical Review Letters’

O renacer do Entroido: “Hai un desexo de diferenciación e xorden festas novas”

O antropólogo Rafael Quintía apunta que nalgúns lugares recibe o nome de ‘Entruido’ ou ‘Antroido’ e que é unha festa fundamentalmente rura

Científicos galegos afondarán na conformación do Universo nun experimento con neutrinos

O IGFAE participará no deseño dun detector que interceptará feixes destas partículas para intentar explicar a asimetría entre materia a antimateria

Arqueoloxía explicada a un científico e público interesado

O investigador Felipe Criado Boado, director do Instituto de Ciencias do...