Venres 29 Marzo 2024

A nebulosa Augamar

Créditos da imaxe e copyright: Albert Barr
Créditos da imaxe e copyright: Albert Barr

Explicación: Na nebulosa Augamar, normalmente tenue e elusiva, é capturada nesta sedutora imaxe telescópica. Centrada na escena está ancorada a dereita e esquerda por dúas estrelas brillantes, Mu e Eta Geminorum, aos pés do xemelgo celeste. A nebulosa Augamar é a crista de emisión en forma de arco máis brillante co tentáculos colgantes. De feito, a medusa cósmica forma parte do remanente de supernova IC 443, con forma de burbulla, a nube de refugallos en expansión procedentes unha estrela masiva que explosionou. A luz do estoupido chegou por primeira vez á Terra hai uns 30.000 anos. Ao igual có seu curmás de augas astrofísicas a nebulsoa do Cangrexo, a nebulosa Augamar sábese que contén unha estrela de neutróns, o remanente dun núcleo estelar colapsado. A parte superior esquerda do campo aparece cheo cunha nebulosa de emisión catalogada coma Sharpless 249. A nebulosa Augamar está a uns 5.000 anos luz de distancia. A esa distancia, esta imaxe tería uns 300 anos luz de diámetro.

Nos Ceos Galegos temos a nosa propia versión desta augamar cósmica.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente