Venres 19 Abril 2024

Unha moeda na honra de Hawking no aniversario da súa morte

Este venres cúmprese un ano da morte de Stephen Hawking, un dos científicos máis relevantes das últimas décadas. E a Royal Mint (o que vén sendo a casa da moeda británica) quixo render homenaxe ao físico cunha moeda conmemorativa de 50 peniques.

Será unha peza de colección, que non entrará en circulación, e xa está á venda no portal da institución por un prezo de 10 libras. No canto de amosar un retrato de Hawking, o deseño opta por recrear un buraco negro que abrangue toda a peza. Na parte superior aparece a fórmula xunto á fórmula da ecuación de Bekenstein-Hawking, unha representación que axudou a comprender os buracos negros.

Publicidade

Stephen Hawking faleceu o 14 de marzo de 2018 aos 76 anos de idade na súa casa de Cambridge (Reino Unido), segundo informou a súa familia. A teoría sobre os buracos negros deste científico cambiou a concepción que ata os anos 70 se tiña de universo. Desde hai máis de 50 anos Hawking padecía esclerose lateral amiotrófica, ELA, unha enfermidade que lle obrigou a estar en cadeira de rodas e depender dun sistema de voz computarizado para comunicarse.

O físico mantivo nos seus últimos anos unha notable vinculación con Galicia. Desde a súa visita de 2008 para recibir o premio Fonseca, regresou en máis ocasións. Estivo, por exemplo, en Cambados ou en Vigo, como escala nalgunha das súas viaxes, e teceu contactos con profesores da universidade compostelá como José Edelstein ou Jorge Mira. Ademais, unha praza no cabo Fisterra leva o seu nome.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:03:46

M de Moeda. ‘Insert coin’: Galicia pioneira do vil metal

O rei suevo Requiario acuñou as primeiras pezas do medievo galego, das que tan só se conservan seis exemplares de prata

Lembrando a Stephen Hawking cun sistema para persoas con mobilidade extremadamente reducida

Alumnos de Enxeñaría de Telecomunicacións on seleccionados para participar nunha competición internacional de Intelixencia Artificial cun innovador proxecto

A ‘Breve historia do tempo’ de Stephen Hawking, en galego

A USC edita a tradución da célebre obra do físico británico, impulsada polos físicos Jorge Mira e José Edelstein

Hawking convida ao seu funeral a persoas que aínda non naceron (e ti podes apuntarte)

A invitación oficial na abadía de Westmister inclúe posibles viaxeiros do tempo nacidos a partir do ano que vén