Martes 19 Marzo 2024

Mimas á luz de Saturno

Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA
Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA

Explicación: mirando desde as sombras, o hemisferio de Mimas orientado a Saturno atópase case na escuridade agás un espectacular crecente alumeado polo sol. O mosaico foi captado preto do achegamento último da nave espacial Cassini do 30 de xaneiro de 2017. A cámara da Cassini foi apuntada case na dirección do sol a só 45.000 quilómetros de Mimas. O resultado é unha das imaxes de máis alta resolución da lúa de 400 quilómetros de diámetro, xeada e marcada de cráteres. Unha versión salientada desvela mellor o hemisferio que mira a Saturno da lúa en rotación síncrona, alumeada pola luz solar reflectida polo propio Saturno. Para vela,  segue esta ligazón. Outras imaxes de Mimas pola Cassini inclúen ao grande e ominoso cráter Herschel.

Rematamos a xira galega das charlas do APOD do último ano en Pontevedra (Casa da Luz, venres 17 marzo ás 20:00) e Santiago de Compostela (CSC Fontiñas, sábado 25 de marzo, ás 18:00).

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente

Como ver a Estación Espacial Internacional dende a túa casa? Aquí podes comprobalo

Unha ferramenta da NASA permitirá saber a súa posición en tempo real, así como recibir avisos do seu próximo avistamento na túa localidade