Venres 29 Marzo 2024

Microesferas para tratar o tumor cerebral máis agresivo

Investigadores de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC deseñaron un sistema de microesferas de plástico biodegradables nas que se pode encapsular a proteína BMP7 e liberala de xeito controlado mediante implantes intracraneais en pacientes afectados por glioblastoma, un tumor cerebral moi agresivo que se caracteriza pola súa falta de resposta aos tratamentos convencionais. O novo achado acaba de validar in vivo a eficiencia dos implantes deseñados na USC a través de ensaios con tumores de liñas primarias humanas nunha colaboración entre os investigadores da Universidade de Santiago, do Instituto de Saúde Carlos III e do Hospital 12 de Octubre de Madrid. Ademais, está é a primeira vez que se utiliza esta combinación para abordar este tipo de tumores.

O investigador do Cimus Marcos García-Fuentes.
O investigador do Cimus Marcos García-Fuentes.

Marcos García-Fuentes, do Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica e do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS), explica que os últimos estudos realizados demostraron que os animais tratados coas microesferas desenvolven o tumor máis tarde e cun tamaño máis pequeno. Ademais, “comprobamos que os tumores tratados con microesferas mostraban unha características de menor malignidade”, explica o investigador da Universidade compostelá quen ademais apunta que esta terapia específica sobre as células iniciadoras de glioma pode ter un gran valor terapéutico en combinación coas terapias convencionais.

Publicidade

O material das microesferas é biocompatible e vaise degradando no cerebro

Nos estudos agora publicados, o equipo logrou ralentizar a proliferación de células iniciadoras de glioblastoma obtidas de pacientes, utilizando a liberación da proteína BMP7 durante varias semanas. Os dispositivos deseñados nos laboratorios composteláns están fabricados nun material biocompatible que unha vez transplantado se vai degradando de xeito paulatino, permitindo a saída da proteína ao contorno tumoral e freando o crecemento dun modelos preclínico da enfermidade.

O novo traballo publicado en Oncotarget forma parte dunha liña de traballo do equipo de Marcos García-Fuentes que pretende eliminar selectivamente as células iniciadoras de glioma, “unha poboación tumoral de alta resistencia a terapias convencionais e capaz de reiniciar os tumores por si sola”. Con anterioridade aos novos achados, os investigadores da Universidade de Santiago xa describiran a formación dos implantes agora validados en modelos in vivo, mostrando as súas propiedades farmacéuticas e realizando estudos en cultivos que suxerían a capacidade para suprimir as células iniciadoras de glioma. O equipo compostelán conta co apoio da Xunta de Galicia e da Fundación BBVA.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Con suficiente investigación, a maioría dos cancros poderanse tratar na década de 2040”

Jesús Sánchez, responsable de proxectos na Fundación CRIS, asegura que as terapias CAR-T foron unha revolución no tratamento dos tumores do sangue

O disruptores endócrinos poden aumentar o risco de cancro de endometrio

Observada unha asociación entre as mesturas de contaminantes ambientais e a maior probabilidade de desenvolver este tumor

Galicia rexistra 16.000 novos casos de cancro e 8.000 mortes cada ano

A Fundación CRIS reúnese con Sanidade para solicitar unha maior cobertura aos pacientes oncolóxicos que requiren de medicamentos CAR-T

Un equipo con participación galega desenvolve un novo tipo de axente contra o cancro

O composto actúa de maneira potente e selectiva sobre a respiración mitocondrial das células nai do tumor, diminuíndo o seu potencial canceríxeno