Xoves 28 Marzo 2024

Volve o debate: foi un meteorito o único culpable da extinción dos dinosauros?

Unha nova investigación rexeita que o vulcanismo influíra na morte destes seres e apunta únicamente ao impacto dun gran asteroide

A base da ciencia é a ausencia de dogmas. As explicacións para comprender o mundo que nos rodean son válidas, se se fan seguindo os estándares marcados, ata que non haxa outra explicación que as refute e sexa tamén verificable. E estase demostrando co que acontece cun dos fenómenos que máis marcou a historia da Terra e o imaxinario compartido do ser humano: a catastrófica extinción dos dinosauros hai más de 65 millóns de anos. Sábese que naquel tempo un enorme asteroide de 10 quilómetros de diámetro impactou no que hoxe é península de Iucatán, en México, e acabou coa maioría das especies do noso planeta ao emitir unha gran cantidade de material fundido e gases á atmosfera e provocando choiva ácida, acidificación das augas superficiais dos océanos e un quecemento repentino que durou anos. A isto seguiulle un inverno nuclear durante décadas.

Pero os científicos non sempre estiveron de acordo sobre a orixe desta extinción masiva. Unha parte da comunidade investigadora insiste en apuntar que que a intensa actividade volcánica producida polo impacto na área chamada traps de Decán , na India, tamén contribuíu a desaparición da fauna. Os expertos discuten así se o vulcanismo produciuse a finais do Cretácico, coincidindo co evento de extinción coñecido como K-Pg, ou durante o Paleóxeno inicial.

Publicidade

Hai uns meses, unha investigación sacudía á comunidade científica ao argumentar que foi a actividade volcánica, e non o impacto do asteroide, o que provocou en última instancia a morte masiva destes grandes animais prehistóricos. Pero agora Science publica un novo estudo no que volve apuntar ao meteorito como responsable.

“O feito de que houbese dous eventos de importancia planetaria que coinciden máis ou menos no tempo creou este debate sobre cal dos dous mecanismos provocou as extincións: se o vulcanismo puido debilitar aos ecosistemas e o impacto dun meteorito deu o último empurrón, ou se foi unicamente o meteorito”, aclara Laia Alegret, coautora do estudo e paleontóloga na Universidade de Zaragoza.

Tras décadas de controversia, o novo traballo pretende pechar o debate ao demostrar que a actividade volcánica non desempeñou un papel directo na desaparición masiva dos dinosauros. Segundo o equipo liderado pola Universidade de Yale (Estados Unidos), o único causante foi o asteroide.

“Os volcáns poden provocar extincións masivas porque liberan moitos gases, como o SO2 e o CO2, que poden alterar o clima e acidificar o planeta”, explica Pincelli Hull, autor principal do traballo e profesor de xeoloxía e xeofísica na universidade estadounidense. Con todo, a actividade volcánica e o quecemento asociado producíronse antes e despois do impacto e non durante as extincións.

A nova investigación mostra que unicamente o impacto do asteroide coincidiu coas desaparicións. Posteriormente, novas fases volcánicas retardaron a recuperación dos ecosistemas.

“Varias especies movéronse cara aos polos norte e sur, pero fixérono moito antes do impacto do asteroide”

Por que non afectou o vulcanismo

“A actividade volcánica no Cretácico causou un evento de quecemento global gradual duns 2º C, pero non unha extinción masiva”, apunta Michael Henehan, antes na Universidade de Yale. “Varias especies movéronse cara aos polos norte e sur, pero fixérono moito antes do impacto do asteroide”, detalla o experto.

Para chegar a estas conclusións, os investigadores analizaron sondaxes e afloramentos de todos os océanos e latitudes, combinaron rexistros climáticos, bióticos e do ciclo do carbono, obtidos a partir de sedimentos e fósiles mariños como dentes de peixe e cunchas, e comparáronos con diversos escenarios de erupciones volcánicas e impacto.

O resultado foi a creación da reconstrución máis detallada da temperatura global daquel período. “Os modelos que mellor se axustaron á nosa curva da temperatura son aqueles en que a principal fase do vulcanismo produciuse a finais do Cretácico e que terminou 200.000 anos antes das extincións e do impacto do asteroide”, engade Alegret.

Os investigadores demostran deste xeito que a maior parte da liberación de gas ocorreu moito antes do impacto do asteroide, e que este foi o único impulsor da extinción.

“Moita xente especulou que os volcáns foron importantes para o K-Pg, e estamos a dicir que non o foron”, recalca Hull. Ademais, os científicos rexeitan a hipótese de que se producisen erupcións masivas na rexión de Decán en India despois da extinción porque “non hai un evento de quecemento que coincida”.

“A extinción de K-Pg alterou profundamente o ciclo global do carbono. Estes cambios puideron permitir que o océano absorba unha enorme cantidade de CO2 en escalas de tempo prolongadas, talvez ocultando os efectos do quecemento do vulcanismo tras o evento”, conclúe Donald Penman, coautor do traballo e investigador postdoutoral en Yale.


Referencia: On impact and volcanism across the Cretaceous-Paleogene boundary (Publicado en Science).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Fósiles atribuídos ao ‘Tyrannosaurus Rex’ son unha especie distinta de dinosauro

Unha nova análise dos restos do que se pensaba que eran xuvenís destes famosos réptiles resultaron ter mandíbulas máis pequenas e pernas e brazos máis grandes

Cinco asteroides pasarán preto da Terra en apenas 24 horas

A NASA confirma que ningún deles é potencialmente perigoso, pese a que pasarán a menos de 7,5 millóns de quilómetros do planeta

As primeiras 48 horas tralo impacto do asteroide que acabou coa vida dos dinosauros

A colisión provocou un megatsunami cunha enerxía 30.000 veces maior ao do Índico en decembro de 2004, no que morreron máis de 230.000 personas

Un asteroide voa a só 3.600 quilómetros da Terra

Sen risco de impacto, foi un dos obxectos celestes que máis se achegou ao noso planeta