Xoves 25 Abril 2024

Alerta por ozono e partículas no aire en Galicia esta fin de semana

A cor vermella tinxe o mapa da calidade do aire en Galicia. Meteogalicia vén de publicar unha nota informativa para explicar que a situación pasa a ser calificada como ‘mala’ durante toda a fin de semana. Os modelos predín unha concentración de ozono máis alta do habitual para a tarde do día 16 e o día 17 e que probablemente continúe o día 18, coincidindo coas altas temperaturas en Galicia. Todas as cidades galegas estarán en sinal vermello en varias horas desta fin de semana, agás Lugo, que non superará o amarelo, segundo as previsións.

“O fenómeno afectará a practicamente toda a comunidade pero será máis intenso o sábado e no leste de Galicia. Espéranse concentracións de ozono que superen o valor límite para a media móbil octohoraria, establecido en 120 µg/m3 , que se pode superar en 25 ocasións ao longo do ano, co cal o índice de calidade do aire (ICA) será admisible (amarelo) e incluso malo (vermello)”, explica Meteogalicia.

Publicidade

Tamén existe a posibilidade de que se supere o limiar de información á poboación, definido en 180 µg/m3 nunha hora, en pequenas áreas do sur de Pontevedra. Trátase dun nivel deste contaminante a partir do cal unha exposición de breve duración supón un risco para a saúde humana dos grupos de poboación especialmente vulnerables polo que a Administración competente debe dar unha información inmediata e apropiada.

En caso de se supere o limiar de información á poboación, activarase o “Protocolo de actuación en situacións excepcionais de contaminación atmosférica en Galicia”. Ademais dos niveis de ozono mais elevados do habitual nestas datas, os modelos tamén prevén a continuación do episodio de intrusión de masas de aire africano que está tendo lugar sobre a Península e as illas Canarias aos longo dos días 17, 18 e 19 de xuño. Estímanse concentracións de po en superficie entre 10-100 µg/m³ para Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: “Probablemente xa estea en Galicia”

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

Volven as Líridas: como ver esta chuvia de estrelas dende Galicia

O fenómeno astronómico, que se poderá ver ata o xoves 25 de abril, será pouco visible a causa da lúa chea