Venres 29 Marzo 2024

María González Blanco gaña o premio de relato curto Alumni USC

O texto ‘O segredo de Moira’ de María González Blanco, de Cambados, foi elixido gañador do Premio Relato Curto da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, a cuxa undécima edición concorreron un total de 42 orixinais. O xurado subliñouno como “unha aposta narrativa arriscada e ben resolta, que engancha e intriga ao lector dende o comezo”. Tamén destacou o feito de que basee a súa estrutura nunha ficción imposible –a contemplación da propia vida por parte do home e da muller protagonista- e na que se recorre a un sutil emprego da anagnórese –recurso consistente no recoñecemento ou descubrimento por parte dunha personaxe sobre datos esenciais da súa identidade- para achegar verosimilitude a diferentes afectos, entre os que resalta a dualidade entre amor e desamor.

Debido á calidade dos textos recibidos, o xurado decidiu tamén outorgar un total de tres accésits a modo de recoñecemento literario. O primeiro deles foi para o relato ‘Un monólogo para ‘ Mrs. Musgrove’ de Noelia Cendán Teijeiro de Cospeito (Lugo); o segundo para ‘A piccola violinista’ de Monserrat Pis Marcos de Santiago de Compostela; e o terceiro para ‘Local hero’ de Héctor Cajaraville Araújo. Neste edición, o certamen literario contou co patrocinio do Instituto Policlínico La Rosaleda.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O insigne xeógrafo Domingo Fontán recibe en Compostela a homenaxe da asociación Alumni USC

A asociación Alumni USC organiza este mércores 26 unha mesa redonda...