Sábado 20 Abril 2024

Marea Galeguista e Galicia en Común fan “corta-pega” do programa de ciencia de 2016

Páxinas enteiras das propostas para as eleccións do 12 de xullo son idénticas ao programa presentado sobre ciencia e I+D por En Marea

As propostas electorais que recollen en cadanseu programa para as eleccións do 12X as formacións Galicia en Común e Marea Galeguista comparten páxinas practicamente ao completo no apartado dedicado ás propostas de ciencia e I+D+i. As dúas candidaturas, procedentes da que formou En Marea en 2016, copian e pegan propostas presentadas nas eleccións de hai catro anos en aspectos como a proposta dun “Plan Galego de I+D+i”, a creación dunha “Rede Rural Galega e Rede Galega de Innovación en Agricultura” ou a proposta de que “ao longo da lexislatura achegarémonos á media europea do investimento público en I+D, que suporá o 2% do PIB galego”.

A repetición das propostas esténdese tamén a outras partes dos documentos de Galicia en Común e Marea Galeguista, que constan, respectivamente, de 171 e 87 páxinas (aínda que con diferentes tipografías, tamaños e maquetación).

Publicidade

Os parágrafos copiados e pegados xiran, en boa parte, arredor da páxina 109 do programa de En Marea para os comicios de 2016, que se ve baixo estas liñas:

Propostas de En Marea para as eleccións de 2016, que se repiten nos programas de 2020.
Propostas de En Marea para as eleccións de 2016, que se repiten nos programas de 2020.

As propostas aparecen, no caso de Galicia en Común, entre as páxinas 81 e 84, e nas páxinas da 55 á 57 no programa da Marea Galeguista. Estes son algúns extractos que xa figuraban no programa de 2016 de En Marea e aparecen replicados de forma literal, catro anos despois, nas propostas de goberno das dúas formacións:

  • “A pesar dos recortes económicos atopamos grupos de investigación en Galicia punteiros a nivel internacional que son quen de competir a nivel mundial. A Administración pública debe ser captadora de talento e exercer funcións de transmisión de coñecemento aos axentes privados.
    Apostaremos polo talento dos galegos e galegas, procurando que o seu coñecemento poida repercutir no noso país e evitando que teña que marchar fóra.
    Cómpre impulsar programas que garantan unha ofea laboral suficiente para os e as investigadoras galegas, de xeito que se poida atraer ás persoas que nos últimos anos tiveron que buscar noutros países as opounidades que aquí se lle negaban e, igualmente, asegurar que no futuro os mozos e mozas que inician a súa carreira investigadora poidan atopar en Galicia espazos nos que desenvolvela.
    Reforzaremos os programas de contratos predoutorais e postdoutorais, sen esquecer as xeracións de investigadores e investigadoras que nos últimos anos, por mor dos recoes, quedaron sen a opounidade de optar ás convocatorias que foron suspendidas ou adiadas.
    E, igualmente, débese regularizar e estabilizar a situación laboral dos investigadores e investigadoras que dende hai anos traballan en Galicia á espera dunha consolidación dos seus postos”.
  • Necesitamos cambiar o noso modelo produtivo e iso só será posible cun incremento do investimento en I+D (…); “As achegas realizadas pola Xunta de Galicia nos seus orzamentos sufriron un descenso radical entre 2009 e 2011, e aínda que desde entón a cantidade se ven incrementando lixeiramente, aínda se atopa moi por baixo do nivel acadado en 2008 (…). “O Goberno galego incumpriu ano tras ano o Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento que «asume como obxectivo xeral a converxencia do esforzo galego en I+D+i co esforzo do conxunto de España» (…)” Ao longo da lexislatura achegarémonos á media europea do investimento público en I+D+i, que suporá o 2% do PIB galego”.“Dotaremos de recursos aos Centros de Investigación e Depaamentos de I+D+i dos Organismos Públicos de Investigación do eido agroalimentario e forestal, impulsando a súa colaboración cos sectores produtivos e demais axentes do sistema de coñece- mento e innovación. Nos últimos anos a Xunta (…) levou a cabo un proceso de desmantelamento dalgúns destes servizos (por exemplo, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo – CIAM). É necesario reverter esa situación”.

Noutra parte dos documentos, no referente a plans para o sector pesqueiro, faise referencia tamén á ciencia mariña con extractos idénticos entre os dous programas de 2020 e o de 2016:

  • “Galicia conta co principal sistema de ciencia mariña do estado, estando integrado por centros de investigación públicos e centros tecnolóxicos públicos e privados. Sen embargo, si ben a creación de coñecemento científico é notable, a transferencia dos resultados da investigación aos sectores produtivos e a súa aplicación a resolución dos problema do sector seguen sendo insuficientes. Consecuentemente comprometémonos a incrementar o esforzo para fomentar a investigación aplicada no sector e a transferencia de resultados”.

Os tres programas son tamén idénticos nas propostas que seguen, como “Investir na innovación da industria transformadora dos produtos procedentes do mar”; “Mellora da identificación de especies a fin de garantir a súa correcta etiquetaxe e evitar fraudes ao consumidor”; ou “Dotar de medios económicos, técnicos e humanos, os centros de investigación dependentes da Xunta.

Outros aspectos:

En asuntos relativos á I+D+i, repítense de novo parágrafos enteiros:

  • “Reforzo do I+D+i e reformulación do modelo do Centro Tecnolóxico de Automoción. O investimento en investigación e desenvolvemento é un elemento chave no necesario cambio de modelo económico. Reforzaremos esta idea dentro do Centro Tecnolóxico de Automoción (CTA) en colaboración coas universidades e atraendo e creando depaamentos de investigación, así como sistemas de bolsas”.

Tamén coinciden exactamente o texto das iniciativas como a recuperación da Unidade Muller e Ciencia ou propostas para a divulgación científica:

  • Visibilización/Visibilizaremos das/as mulleres na investigación e a innovación: Reactivación da Unidade de Muller e Ciencia como instrumento de visibilización e valorización da actividade investigadora e innovadora realizada por mulleres”.
  • “Divulgación científica: Impulsaremos programas e espazos de divulgación científica que incrementen o coñecemento e o interese que estes ámbitos espertan na sociedade, sobre todo na mocidade, impulsando as vocacións científicas. Cómpre facer especial fincapé no fomento do estudo de carreiras científico-técnicas por parte das rapazas, co obxectivo de diminuír a actual fenda de xénero existente. De igual xeito, débese facer un esforzo por incrementar o uso do galego nestas materias, despois de que nos últimos anos as reformas do PP vetasen o uso da lingua galega para o ensino das matemáticas e outras materias de ciencias”.

Alén do apartado dedicado á ciencia e a I+D+i, ambos programas recollen referencias idénticas en varios dos seus bloques, que á vez coinciden co programa de En Marea en 2016.


Aquí podes consultar os tres programas:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A ciencia confirma que as apertas alivian a dor, a ansiedade e a depresión

Un equipo internacional analiza os beneficios do contacto físico nas persoas a partir da revisión de 212 estudos

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos

Si, pódese crear acuarela con bacterias: a UDC impulsa a divulgación a través da arte

CICAGallery estrea a súa primeira edición con cinco artistas que convivirán con distintos grupos de investigación da universidade