Venres 19 Abril 2024

“Os animais tamén sentimos”

Non collía a xente en Xinzo para ver e axudar a Marcos Rodríguez Pantoja. A campaña impulsada por Amigos das Árbores da Limia acadou xa alcance estatal. Hai aberto un número de conta (pódese ver ao final do texto) para que Marcos poida ter unha caldeira para quentar a súa casa, e para reformar a vivenda, que precisa unha mellora para convertela nun lugar máis habitable. Onte, aínda pouco consciente da repercusión da iniciativa, agradeceu varias veces a axuda á xente que acudiu a velo.

Colgado do pescozo, coma sempre, levaba o cairo que lle regalou o cabreiro co que viviu antes de que este morrera e Marcos quedara só no medio da natureza, tal e como amosa a película Entrelobos que se proxectou durante o acto. Poucas veces é tan fina a liña entre realidade e ficción.

Publicidade

Despois do filme, a Marcos preguntáronlle. “Pero non pensaches en deixar o monte e volver coa xente?”. “Non quería saír de alí porque lle tiña medo aos humanos… A miña madrastra pegábame, facíame durmir fóra mentres chovía… E eu cos animais estaba na gloria; menos cos xabarís, con eses non, que eses non teñen amigo ningún”.

No medio da súa abraiante historia, o humor non deixa de agromar. É necesario para superar a vida que lle tocou pasar. Contou como en Mallorca lle fixeron vender droga pensando que era medicina para a dor do estómago, ou como en Madrid lle tiveron que poñer unhas táboas nas costas para enderezarlle o corpo e aprender de novo a camiñar a dúas patas.

Con todo, Marcos Rodríguez goza contando a súa historia, e tamén aproveita para defender a quen foi a súa mellor familia. Antes do pase da película, tivo tempo para facer un chamamento. “Os que teñan animais, por favor, que os traten ben, porque os animais tamén sentimos”, dixo. En primeira persoa, do mesmo xeito que fala cando lembra a compañía da manda de lobos cos que viviu máis de 11 anos.

Número de conta: ES 49 0081 2172 2400 0105 2706

1 comentario

  1. Impresionante a súa historia. Preciosa e valiosísima para a humanidade que ten moito que aprender das bestas. Con toda a admiración hacia estas últimas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da RAG

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

A ciencia confirma que as apertas alivian a dor, a ansiedade e a depresión

Un equipo internacional analiza os beneficios do contacto físico nas persoas a partir da revisión de 212 estudos