Venres 29 Marzo 2024

“Se non fose intelixente, Marcos non sobreviviría no monte”

A última vez que Gabriel Janer Manila (Algaida, 1940) viu a Marcos Rodríguez foi en 2016, no Museo Nacional de Ciencias Naturais, onde o CSIC os convidou a ambos para falar da historia do neno lobo diante de centos de espectadores. Coñecéronse 40 anos antes, en 1975, por casualidade, e desa relación naceu unha amizade e unha historia que serviu para poder comprender e explicar, cun exemplo inmellorable, a importancia da socialización no ser humano.

En conversa con GCiencia, Gabriel Janer lembra aqueles días de 1975. Estaba facendo un libro, e tiña que entrevistar a un home que vivía só, sen familia. Axudábano dous veciños que traballaban na hostelería, e eles recomendáronlle a un rapaz para botarlle outra man nas tarefas de casa e cos recados. “E díxome aquel home: ‘Este rapaz conta unha historia tan incrible que me gustaría que a escoitaras, porque seguro que vas escribir algo'”, conta Janer.

Publicidade

Janer coñeceu por casualidade a Marcos en Mallorca, en 1975

Aquel rapaz era Marcos Rodríguez, que chegara a Mallorca na procura de traballo. “Contoume que ninguén o cría cando contaba a súa historia. E pensaba que se alguén o escribía, sería posible que o cresen. Aquela mesma tarde comezamos a falar e a grabar as nosas conversas”.

Gabriel Janer viaxou a Andalucía, aos lugares dos que lle falaba Marcos, e foi corroborando punto por punto a súa historia, coa xente que coñeceu de preto o episodio da captura por parte da Garda Civil e que compartiu con el os primeiros tempos despois da súa volta á sociedade.

“A de Marcos é unha historia de marxinación”

O antropólogo non é partidario de idealizar a etapa que o neno lobo pasou illado do monte. “A de Marcos é unha historia de marxinación e escaseza“, debido ao maltrato e abandono que sufriu por parte da súa familia. Desde o punto de vista da psicoloxía evolutiva, “foi abandonado no momento no que se produce o paso do egocentrismo á socialización, cando podería comezar a traballar cooperativamente e descubrir aos demais”. É unha parte do desenvolvemento humano que, por tanto, Marcos non experimentou.

Do mesmo xeito, a separación de Marcos co entorno no que pasou máis de 11 anos da súa vida – nunha etapa clave para a formación da súa personalidade – tamén foi traumática. “O feito de ser arrebatado do seu hábitat dun xeito violento, sen contar en nada nin para nada coa súa vontade – igual que se producira o abandono – condicionaron a súa capacidade de integración no mundo civilizado”, explica Gabriel Janer. Os problemas non acabaron aí, xa que Marcos foi posteriormente enganado nalgúns dos traballos que tivo, aproveitándose do seu descoñecemento.

Debido a todos estes sucesos na vida de Marcos, o investigador insiste na necesidade de que o respecto e a cautela son moi necesarios á hora de achegarse a Marcos.

Describir ademais mediante sons

Aínda que estas experiencias traumáticas marcaron para sempre a vida de Marcos, Gabriel Janer sostén que as súas capacidades intelectuais foron as que lle permitiron resistir en situacións tan hostís. “Se non fose intelixente, Marcos non sobreviviría no monte”, asegura. No momento de realizar a súa tese, Janer xa remarcou que na historia do neno lobo habería material para bastantes investigacións: a linguaxe, a relación cos animais, a socialización a través da cal o ‘animal humano‘ se converte nun ser social, etc.

Un dos aspectos que máis chamou a atención do antropólogo foi a da linguaxe: “Cando quedou abandonado no monte, probablemente non coñecía o nome de moitos animais, porque aínda era moi cativo. Pero cando o capturaron, era capaz de identificar a moitas especies por medio do ruído que facían, ou por algún xesto característico”. Así, engade Janer, “a evolución da linguaxe de Marcos empobrécese, privado como estaba do contacto social, pero por outra parte, desenvólvese no eido no que lle era posible: a aprendizaxe dos alaridos, os berros, os ouveos, os ruxidos ou os miaños, e que aínda hoxe imita dun xeito espectacular”.

Tamén podes ler:

medioambiental/neno-lobo-galicia/

video/video-neno-lobo/

 

 

 

 

 

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así funciona a mente dun psicópata

Como funciona o cerebro destas persoas? Investigadores da Universidade Internacional da Rioja analizan o seu comportamento

Ansiedade pola crise climática: “Nada parece útil para salvar o planeta do seu inexorable final”

As respostas emocionais ante as ameazas ambientais que poñen en perigo o futuro da Terra son cada vez máis comúns na poboación

“Os meus pensamentos esgótanme”: como escapar do bucle obsesivo das rumiacións

Hai pensamentos negativos e recorrentes que colonizan o noso cerebro. Que mecanismos cerebrais se poñen en marcha? Como podemos paralos?

Por que é preocupante que os nenos non xoguen tanto como antes

As potencialidades deste desfrute están na base do desenvolvemento das capacidades de resolución de problemas, cognitivas e socioemocionais