Sábado 20 Abril 2024

Mancomún, a web do software libre en Galicia, cumpre dez anos

O portal Mancomún, a web de referencia do software libre en Galicia, cumpre este 10 de maio un decenio de vida. O portal da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) alberga as numerosas iniciativas que se promoven para dar a coñecer os recursos informáticos de libre acceso.

Nestes dez anos, Mancomún serviu de canle de comunicación pública na que se informou de todo tipo de proxectos, non só da Administración Autonómica, senón tamén do resto de axentes promotores do software libre en Galicia. Ao mesmo tempo, o portal proporcionou unha ampla gama de servizos dirixidos a promover a difusión, formación, e desenvolvemento do software libre en Galicia. A web alberga o Repositorio de Software Libre de Galicia, no que hai rexistrados un total de 310 proxectos, dos cales 18 son proxectos liberados pola Xunta de Galicia.

Publicidade

A web ten rexistradas 310 iniciativas de software libre desenvoltas en Galicia

Desde 2006 o portal publicou arredor de 4.650 novas relacionadas co software libre, de interese para o sector público, o sector empresarial e a cidadanía. A maiores, publicáronse 40 entrevistas a empresas, persoas ou axentes de relevancia no sector dos sistemas de libre acceso. Nos últimos anos incorporáronse novas seccións, nas que se publicaron artigos tecnolóxicos e 22 números do boletín mensual de reutilización de software libre nas administracións públicas. Durante 2015, o portal tivo unha media de 21.700 visitas mensuais cuns 3.900 visitantes distintos ao mes.

Coincidindo con este décimo aniversario, no último trimestre do ano está previsto publicar unha nova versión do portal, que incluirá o dominio “.gal” e renovará contidos e estruturas e adecuarase ao seu uso nos dispositivos móbiles.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204