Venres 29 Marzo 2024

Con Mafalda Soto, a farmacéutica galega que axuda aos albinos en Tanzania

Efervesciencia entrevista a Mafalda Soto, a farmacéutica galega que axuda aos albinos en Tanzania. O programa fala tamén con dúas investigadoras que loitan contra o mal de Chagas, mesmo en España.

A médica Míriam Navarro traballa na loita integral contra o Chagas en España. Arancha Amor contra os parasitos en Etiopía. Alí teñen evidenciado a presenza de strongyloides, unha doenza esquecida ata na listaxe de enfermidades desatendidas da OMS.
Ambas pertencen á Fundación Mundo Sano – coordinada en España por Juan José de los Santos con quen tamén falamos – que pula por un mundo sen enfermidades desatendidas. Un de cada seis habitante do noso planeta sofre unha doenza desatendida de doada solución médica.

Publicidade

 

Albinismo: desde el Kilimanjaro hasta al CRISPR

A farmacéutica Mafalda Soto (ponteensupiel.com) impulsa en Tanzania o proxecto Kilimanjaro Suncare, Kilisun. A parte mais visible é a produción dun protector para as persoas con albinismo africanas, pero hai moito máis. Mafalda Soto conversa co experto en albinismo Lluís Montoliu, investigador científico do CSIC no Centro Nacional de Biotecnoloxía. O grupo de Montoliu ten achegado importante coñecemento ao estudo desta condición xenética.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

GCiencia en Efervesciencia: “Hai dez anos a divulgación era un fenómeno minoritario”

Entrevista con Pablo López no programa da Radio Galega dirixido por Manuel Vicente

“Unha de cada 16 persoas coas que te cruzas a diario ten unha enfermidade rara”

O investigador do CSIC Lluís Montoliu explica a importancia de informar as familias e de crear grupos de apoio

Susana Rodríguez, a galega na portada de Time: médica, divulgadora e paralímpica

A triatleta conta na revista a súa experiencia profesional durante a pandemia da Covid-19 ás portas da competición en Tokio

Cerebroides, neuronas e improvisación

Unha nova entrega do programa Efervesciencia, que visita o Congreso da Sociedade Española de Neurociencia