Sábado 20 Abril 2024

A necropsia da lura xigante de Bares apunta a un combate mortal

O 7 de outubro de 2016, unha lura xigante, de 123 centímetros de lonxitude do manto e 105 quilos de peso, apareceu nadando preto do porto de Bares. Un home que paseaba por alí converteuse na primeira persoa que avistaba un animal vivo deste tipo (Architeutis) fóra de Xapón, e tomou varias fotografías. Outras persoas que se atopaban nunha praia próxima viron como o animal, aínda con vida, varaba na praia, tal e como amosa este vídeo, e deron aviso á Cemma. Aínda que tiña sinais de graves feridas, xa que carecía dos seus tentáculos, aínda respiraba, desprazábase e cambiaba lixeiramente de cor. Deron aviso á Pouco despois morreu.

Marcas de ventosa no corpo da lura. Foto: IIM-CSIC.
Marcas de ventosa no corpo da lura. Foto: IIM-CSIC.

Este exemplar de lura xigante era, por tanto, unha alfaia para os científicos. E así, investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM-CSIC) puxéronse a traballar na análise do corpo para coñecer todo o posible sobre a especie. Coa colaboración da Coordinadora para o Estudo e Protección das Especies Mariñas (Cepesma), os investigadores do grupo Ecobiomar, dirixidos por Ángel Guerra, realizaron a necropsia en Luarca (Asturias). Agora publican os resultados na revista Ecology.

Publicidade

“Co cadáver todavía moi fresco, realizouse unha inspección do cadáver, que puxo de manifesto que se trataba dunha femia inmadura, con numerosas marcas de ventosas e feridas alongadas na súa epiderme”, explica Ángel Guerra. Posteriormente, un equipo de investigación liderado polo CSIC e apoiado por Luis Laria e outros membros do Cepesma realizaron unha necropsia más detallada para determinar a orixe das feridas e as causas de que a lura xigante se achegase tanto á costa.

Loita con outra lura xigante

“O tamaño e a forma das ventosas suxire que o animal mantivo unha loita con outro exemplar máis grande da súa propia especie. O escenario que cremos que se produciu foi a competencia entre dous exemplares de lura xigante por peixes dun banco de lirios, o seu principal alimento nesa época do ano. Este comportamento de roubo dunha presa observárase só unha vez entre os cefálopodos, nunha observación realizada en acuario”, explica Graham Pierce, coautor do traballo, que destaca tamén que a obtención deste exemplar “constitúe un achado relevante para o coñecemento desta fuxidía especie”.

Sobre as razóns que trouxeron ao animal ferido ata as costas galegas, os investigadores cren que debido aos danos sufridos e á desorientación, “puido ser arrastrado polas correntes a unha masa de auga cálida, que o arrastou cara a costa”. Actualmente, o animal repousa no Parque de la Vida de Luarca.

Tamén podes ver:

video/o-video-do-final-da-lura-xigante-no-porto-de-bares/

 

 

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

Descobren características do VIH compatibles coa súa curación

Científicos de Sevilla estudaron a persoas cuxo organismo é capaz de dominar o virus sen necesidade de tomar un tratamento antirretroviral

O CSIC acha unha combinación de fármacos eficaz fronte ao SARS-CoV-2

A unión de ribavirina e remdesivir consegue eliminar de forma rápida o virus ao inducir un exceso de mutacións no seu xenoma que lle impiden multiplicarse con eficacia

Máis do 90% das crías de pardela cincenta teñen plásticos no estómago

Un estudo en exemplares xuvenís de Canarias e Azores apunta a esta especie como un biomarcador de refugallos flotantes no Atlántico norte