Venres 19 Abril 2024

Lóstregos no volcán Sakurajima

Créditos da imaxe e copyright: Martin Rietze (Alien Landscapes on Planet Earth)
Créditos da imaxe e copyright: Martin Rietze (Alien Landscapes on Planet Earth)

Explicación: por que ás veces unha erupción volcánica produce lóstregos? Na fotografía superior, o volcán Sakurajima ao sur de Xapón foi capado en erupción en xaneiro de 2013. As burbullas de magma son tan quentes que brillan coma disparos de rocha líquida que estouran na superfice terrestre desde a parte inferior. Porén, a imaxe publicada é destacada en especial polos alustros capturados preto do cumio do volcán.O porque hai raios incluso nas tormentas normais segue a ser un tema de investigación, e a causa dos alustros volcánicos aínda está menos clara. O que é seguro, é que os lóstregos azudan a acougar zonas afastadas pero con cargas eléctricas opostas. Os episodios de lóstregos volcánicos poden ser favorecidos polas colisións de cargas inducidas do po volcánico. Normalmente hai lóstregos sempre nalgures na Terra, normalmente unhas 40 veces por segundo.

Fotos astronómicas e música de theremín en vivo na Coruña o 25 de maio.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón