Así avanza a lava do Kilauea

O volcán Kilauea, o máis activo do arquipélago de Hawái, volve mostrar estes días a súa forza. As autoridades do estado decretaron a situación de emerxencia debido ao aumento na intensidade das erupcións. A sismicidade tamén se incrementou, cun sismo que acadou unha magnitude de 6,9 e decenas de terremotos de magnitude entre 2 e 3.

Esta sismicidade provocou que se abriran novas fendas en puntos próximos a zonas habitadas, como é o caso da área residencial de Leilani Estates, onde se produciron algunhas imaxes impactantes. Nunha delas, un rego de lava de grandes dimensións arrasa en poucos minutos un coche estacionado na rúa.

Publicidade

O Kilauea, con máis de 1.100 metros de altura, está situado ao sur da illa de Mauna Loa, a máis meridional do arquipélago. Hawái medrou debido a un punto quente, unha zona da codia terrestre pola cal ascende magma desde o manto. A dinámica de placas provoca que, a medida que a litosfera se despraza, o magma vai creando novas illas, como é o caso de Hawái e outros arquipélagos de orixe volcánica.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.