Xoves 28 Marzo 2024

Así se ve unha labarada extremadamente potente do Sol

Cando as erupcións solares, e as súas correspondentes execcións de masa coronal se desatan en dirección á Terra, poden producirse tormentas xeomagnéticas

Unha rexión de manchas solares activas no Sol púxose intensa: o 31 de marzo, ás 17,27 UT, AR2975 entrou en erupción coa clase máis poderosa de labarada da que é capaz o noso Sol, unha clase X cunha potencia de X1,3. É a máis potente dunha serie de labaradas emitidas pola rexión, cada unha das cales é cada vez máis poderosa que a anterior, con múltiples graos dentro da súa clase.

A erupción con máis poder xamais rexistrada que azoutou a Terra foi unha X28 que tivo lugar en novembro de 2003. Cando as erupcións solares, e as súas correspondentes execcións de masa coronal (CMEs), se desatan en dirección á Terra, poden producirse problemas. Cando estas partículas chocan co campo magnético e a atmosfera da Terra, desencadéanse tormentas xeomagnéticas.

Publicidade

x flare full disk
Labarada de clase X saíndo de AR2975. (NASA SDO)

Polo de agora, AR2975 emitiu 36 labaradas: unha pequena de clase B, 29 de clase C, 9 de clase M, máis potentes, e esta de clase X.

Poden percibirse dende a Terra?

A maioría delas pasan máis ou menos desapercibidas para os habitantes da superficie terrestre. Poden causar algúns apagamentos de radio e navegación, talvez algunhas flutuacións da rede eléctrica, e espectaculares auroras que iluminan os ceos polares cando as partículas, aceleradas ao longo das liñas do campo magnético da Terra, se depositan nos polos, onde interactúan coa atmosfera.

Poden causar algúns apagamentos de radio e navegación, talvez algunhas flutuacións da rede eléctrica, e espectaculares auroras que iluminan os ceos

Un exemplo: unha CME masiva asociada a dúas das erupcións de clase M de AR2975 debería chegar á Terra nos últimos días, desencadeando unha forte tormenta xeomagnética. A menos que saíses a fotografar auroras, probablemente non notases gran cousa. A labarada de clase X, e a posterior e potente labarada M9, emitidas por AR2975 tiveron lugar no lado do Sol que mira á Terra, pero iso non é garantía de tormentas xeomagnéticas.

Tal e como citan os analistas anónimos da NOAA en Spaceweather: “A CME asociada á labarada X1 foi modelada e é pouco probable que teña impactos significativos na Terra”. Con todo, a probabilidade de que se produzan auroras é alta durante os primeiros días de abril.

x ray flare ar2975
A emisión de raios X asociada á labarada de clase X. (NASA SDO)

A axitación do Sol

Se crees que ultimamente oíches falar moito da axitación do Sol, non te equivocas. A nosa estrela estivo súper alborotada, con erupcións todos os días desde mediados de xaneiro, e con moita actividade antes diso. Isto é bastante normal. O Sol pasa por ciclos de actividade cada 11 anos, cun mínimo claramente definido (con mínima actividade de manchas solares e erupcións) e un máximo.

O máximo solar terá lugar nalgún momento ao redor de xullo de 2025

O mínimo ten lugar cando o campo magnético solar está no seu punto máis débil. É entón cando o campo magnético se inviste e os polos solares cambian de lugar. A partir dese momento, o campo magnético fortalécese e a actividade de manchas e erupcións solares aumenta. Dado que o mínimo solar máis recente tivo lugar en decembro de 2019, actualmente estamos a ver unha actividade crecente. Os ciclos solares anteriores mostran niveis de actividade similares na mesma etapa.

O máximo solar terá lugar nalgún momento ao redor de xullo de 2025. O Solar Orbiter da Axencia Espacial Europea e a Parker Solar Probe da NASA estanse a achegar moito á nosa estrela, máis do que ningunha sonda estivo nunca. Co máximo solar próximo, espérase obter unha visión impresionante de por que o Sol se comporta como o fai.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente