Xoves 18 Abril 2024

O científico Juan Lema, distinguido pola Asociación Internacional da Auga

O profesor emérito da USC convértese no primeiro español en recibir unha distinción que se outorga cada dous anos

No marco do World Water Congress, que se está a celebrar en Copenhague, o profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Juan Lema, foi nomeado Distinguished Fellow da International Water Association (IWA), un recoñecemento honorífico pola “súa extraordinaria contribución nos aspectos de investigación e liderado no sector global da auga”.

A candidatura foi presentada polos profesores Zhiguo Yuan e Jurg Keller da Universidade de Queensland (Australia); Mark van Loosdrecht da TU Delft (Holanda); Willy Verstraete da Universidade de Gante (Bélxica); e Piet Lens, do University College Galway (Irlanda). Juan Lema convértese, deste xeito, no primeiro español en recibir esta distinción, que se outorga cada dous anos e no segundo de toda a comunidade iberoamericana.

Publicidade

A IWA é a organización mundial máis prestixiosa e influínte no mundo da auga onde participan tanto empresas e institucións como centros de investigación. Está establecida en 140 países, cunha traxectoria de máis de 75 anos e conta con máis de 10.000 socios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'

A resistencia térmica dalgúns materiais pódese regular aplicando unha voltaxe

Un traballo do CiQUS abre novas posibilidades para o deseño de reguladores de temperatura e para o desenvolvemento de tecnoloxías máis eficientes e sostibles

Coidar a saúde e o medio ambiente: dúas razóns para incluír pescado azul na nosa dieta

A nivel mundial, el consumo anual per cápita de peixe nos últimos 50 años case se duplicou, cun crecemento exponencial en países como China